MOS
Mos inviste preto de 100.000 euros en mellora de instalacións deportivas
O apoio da Deputación de Pontevedra permite á administración local dar continuidade á súa aposta polo deporte e pola súa práctica no municipio
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Deportes, Feli Rodríguez, informaron nesta semana de que lle vén de ser concedida á administración local mosense unha subvención provincial de preto de 100.000 euros dentro da convocatoria do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas PEID da Deputación de Pontevedra.
Así o Concello de Mos conta cunha axuda de 95.288,31 euros para a mellora de diferentes instalacións deportivas municipais entre as que se atopan o Campo de Fútbol de Alfacuca en Louredo, o Campo de Costoias en Tameiga, a piscina ao aire libre de San Eleuterio, o Campo de Fútbol das Baloutas, o Pavillón de Sanguiñeda e o Pavillón de Atín-Cela.
No Campo de Fútbol de Alfacuca, na parroquia de Louredo, construirase un almacén deportivo de dimensións 5 x 4 m, para a garda de material deportivo dos diferentes equipos que actualmente adestran neste campo.
No Campo de Costoias (Tameiga) instalarase unha malla perimetral e realizaras o encolado/pegado do céspede artificial que actualmente está instalado na superficie do campo.
Tamén se subministrará caucho para recheo do mesmo. Ademáis dotarase ao campo dunha malla perimetral tipo rede para poder evitar así que os balóns se perdan nas inmediacións.
Na piscina ao aire libre de San Eleuterio realizarase a mellora do sistema de cloración e revestimento de poliéster dos vasos da piscina. Para elo instalarase unha bomba dosificadora de cloro, con control dixital. Haberá que realizar a renovación das tuberías de impulsión e aspiración Skinmers. En canto aos vasos das piscinas preténdese realizar unha aplicación de revestimento de poliéster para evitar así o degradado do interior das mesmas. Rematarase o traballo cun pintado de color azul top coat cerámico.
No Campo de Fútbol das Baloutas da Unión Deportiva Mos renovaranse os termos eléctricos de auga quente para dar un óptimo servizo ao campo municipal que máis equipos alberga no seus adestramentos, así como partidos que se disputan en fin de semana. Os termos a substituír serán de 600 litros de capacidade. Así mesmo instalarase unha válvula mezcladora e renovarase todo o sistema eléctrico.
No Pavillón de Sanguiñeda levarase a cabo a desmontaxe e nova instalación do termo acumulador de auga quente. O novo sistema será un acumulador de auga de AQS de capacidade 150 litros.
E por último no Pavillón de Atín-Cela acometerase a substitución da bomba de calefacción e substitución da bomba para mecanismo de subida e baixada de canastas.
“Deste xeito continuamos a apostar polo deporte e pola súa práctica en Mos, mantendo en perfecto estado de revista as instalacións deportivas municipais para un satisfactorio uso das mesmas por parte de deportistas de todas as idades, pois consideramos que o desenvolvemento da práctica deportiva é fundamental desde o deporte base ata o deporte en adultos, por ser unha rutina saudable, didáctica, educativa e promotora de valores sociais importantísimos. Queremos que cativos e maiores mosenses practiquen deporte e o practiquen cada vez máis, por iso nos volcamos no traballo man a man cos clubes do municipio e no correcto mantemento, conservación e mellora, se cabe, das nosas instalacións, equipamento e dependencias deportivas municipais”, declararon as representantes locais Arévalo e Rodríguez.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22