SALCEDA DE CASELAS
O PP de Salceda lamenta a “errática xestión” do primeiro ano de mandato
O voceiro municipal, Santi Davila, cre que o Concello se atopa “bloqueado” por un goberno en minoría que, malia os altos impostos, afronta un grave problema de débeda e importantes retrasos cos provedores e incluso corte de subministracións por impagos
O grupo municipal do PP de Salceda de Caselas vén de lamentar a “errática xestión” do primeiro ano de mandato do goberno de MS encabezado por Dolores Castiñeira no que percibe, como principais problemas, a falta de limpeza e a constante perda de prazas de aparcamentos nas rúas do casco urbano e os nulos avances na implantación da rede de saneamento no rural e cero axudas as familias para conciliar, entre outras cuestións.
O voceiro popular, Santi Davila, cre que todas estas circunstancias, ademais pola escasa capacidade de xestión dun “executivo feble ao que se lle ven as costuras e máis estando en minoría”, débense á mala situación económica da tesourería municipal malia a elevada fiscalidade “e iso que aínda pretendían redobrar os efectos do Catastrazo cunha nova suba do IBI que foi rexeitada polo pleno, de momento, xa que os grupos que apoian a este goberno minoritario, igual en breve cambian de postura a este respeto”.
Neste senso, indicou que as contas “están moi apretadas” pola débeda existente, o que impide realizar as actuacións que precisan os salcedenses e manter un bo funcionamento nos servizos municipais se pagar un custe tan elevado as empresas que os prestan, así como ter importantes retrasos nos pagos a provedores -moitos dos cales son do propio Concello- e incluso sufrir cortes de subministracións.
“O anterior goberno bipartito con dúas alcaldesas en catro anos foi moi malo e ineficiente para Salceda, pero a verdade é que este experimento en solitario está resultando aínda moito peor, e iso que era difícil, pola súa febleza, falta de iniciativa e mala xestión económica que paraliza e ten totalmente bloqueado o papel dinamizador do Concello”, sinalou o concelleiro do PP, que lamentou que o casco urbano presente “un grao de suciedade en moitas rúas e lugares extremo malia que somos unha vila dinámica con moita xente na rúa” e que se vaian a perder nos vindeiros anos máis de 90 prazas de aparcamentos nas rúas Coruña, Victoriano Pérez Vidal, Rafael Tilve e Ador, vai deixar mermado a necesaria compatibilidade de peóns e atraer a veciños das parroquias e Concellos limítrofes a mercar o noso comercio local.
Santi Davila tamén lamentou que, ao longo deste arranque de mandato, tampouco se rexistraran avances na municipalización de servizos básicos e que permanezan privatizados os da limpeza das rúas, o da recollida de basura en motísimas ocasións, o de reposición de traballadores na biblioteca, para o cal se recurre, inexplicablemente, a empresas de traballo temporal. Paralelamente, tamén engadíu que a maior parte das obras seguen adxudícanse a dedo, co conseguinte prexuízo económico para as aburatadas arcas municipais, dándolle os traballos as mesmas empresas reiteradamente e non dando oportunidades a moitas empresas salcedenses do mesmo sector.
Finalmente, o voceiro popular acusou ao PSOE e o BNG de ser “cómplices e corresponsables” desta situación, polo que considera que as súas críticas ao goberno só significan “postureo e unha cortina de fume”, posto que foron eles quen auparon a Dolores Castiñeiras á Alcaldía malia non ser a forza máis votada, “polo que están desacreditados moralmente para facerse os valentes desde a oposición cando máis ben son culpables deste desgoberno sen rumbo”. Así recordou que “do documento asinado polo que apoiaron a este goberno de catro concelleiros, prácticamente está todo sen cumplirse, incluso o que ía ser un cambio de actitude e de relación cos grupos do Psoe e Bng, coa adxudicación de obras e servizos ou ca recuperación para o concello destes que seguen sendo de prestación privada, e así con case a totalidades dos puntos que recolle o documento de investidura”, conclué.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116