Miércoles, 10 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 21 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
BAIONA

A Xunta finaliza a reforma da PO-552 ao seu paso por Baiona

A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, visitou os traballos que levou a cabo o Goberno galego na principal arteria da vila

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitouas obras que levou a cabo a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas en Baiona para a reforma da travesía que cruza a vila a través da estrada PO-552. Durante a visita xunto ao alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, a representante autonómica avanzou que os traballos xa remataron tras realizar un investimento de 45.584,87 euros e nas vindeiras horas procederase ao pintado.

 

 

“O obxectivo era ter rematada a mellora da avenida antes da temporada de verano na que aumenta considerablemente o tráfico, de maneira que afecte o menos posible á mobilidade”, asegurou a representante autonómica.

 

A actuación foi dirixida á reparación do firme da estrada PO 552 na travesía de baiona, e en concreto entre a glorieta de entrada ao porto e lonxa de Baiona e o acceso ao Parador de Monterreal. Deste modo, mellorouse o pavimento e a drenaxe, ademais de reducir o ruído. Os traballos tamén incluiron as beiravías e os aparcamentos, así como a reposición da sinalización horizontal.

 

Nigrán e Gondomar
A Xunta adxudicou tamén este mes de xuño, por importe de 1.182.948 euros, as obras de mellora do firme nas estradas autonómicas PO-340, PO-331 e PO-332 ao seu paso polos concellos de Nigrán e de Gondomar. As intervencións incluídas neste contrato levaranse a cabo no treito da PO-340, a estrada Tui e A Ramallosa, na PO-331, que une Torneiros e Gondomar, e no treito inicial da estrada PO-332, Nigrán-Vincios.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.