Sábado, 08 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 23 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A escola municipal de música abre a inscrición previa para o curso 2024/2025

Poderase socilitar praza entre o 1 e o 15 de xullo a través de Rexistro no Concello

A Escola Municipal de Música do Porriño prepara xa o curso 2024/2025 e anuncia que o prazo de inscrición previa poderá realizarse entre os días 1 e 15 de xullo no Rexistro xeral, ben presencialmente en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, ou ben vía telemática a través da sede electrónica.

 


A folla de solicitude de inscrición pódese descargar da páxina web do Concello ou recoller na Escola Municipal de Música desde o luns 24 ao  venres  28  de xuño, en horario de 16:00 a 20:00 horas.


Como cada ano, a orde de entrega será determinante na orde de matrícula, relevante especialmente á hora de elixir horario das clases individuais de instrumento.


O seguinte trámite será formalizar a matrícula, na última  semana do mes de agosto, despois da publicación das listas das persoas admitidas. O comezo do curso 2024/2025 será o 11 de setembro.


Oferta da Escola Municipal de Música do Porriño
A escola imparte clases de Música e Movemento, para rapaces e rapazas de entre 4 e 7 anos de idade; Linguaxe Musical para nenos e nenas a partir de 8 anos e para persoas adultas; e clases dos seguintes instrumentos: violín, viola, violonchelo, percusión, guitarra, piano, canto, gaita, clarinete, frauta traveseira, saxofón, óboe, fagot, trompa, trompeta, bombardino, trombón, tuba e percusión tradicional.


A Escola Municipal de Música do Porriño prepara ao seu alumnado para que ó rematares o equivalente ao Grao Elemental, poidan examinarse para entrar no Grao Profesional (antigamente Grao Medio) no Conservatorio.


Ademais, a Escola conta con distintas agrupacións musicais nas que as persoas interesadas en participar, se poderán anotar unha vez que empece o curso: banda de música, mini banda do Porriño (banda infantil), orquestra de corda, grupo de música tradicional, coral infantil e coral polifónica de persoas adultas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.