PONTEAREAS
O I PIE de Ponteareas acada a incorporación laboral do 43% dos participantes
As persoas participantes melloran a súa aptitude a actitude cos recursos e técnicas adquiridas durante o programa
Cen persoas beneficiarias, seis meses de implantación e un 40% de integración laboral é o balance a día de hoxe do primeiro Plan Integrado de Emprego de Ponteareas. Os datos avalan a eficacia do plan e a eficiencia da metodoloxía baseada nun deseño individual e personalizado de cada itinerario no que se descubran as potencialidades de cada persoa e se trace o camiño a seguir, así o informa a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro.
Mellorar as taxas de emprego en Ponteareas é un dos obxectivos prioritarios para a alcaldesa que xunto á concelleira de Emprendemento, Silvia Fernández, visitou ao alumnado beneficiario do Plan Integrado de Emprego que nestes días adquire coñecementos de hostalaría.
“Acompañar, apoiar e animar son parte dos principios que sustentan o empeño do goberno de Ponteareas en implantar políticas de emprego activas, programas e iniciativas que formen, habiliten e nutran ás persoas que procuran emprego” , así o traslada a alcaldesa de Ponteareas.
O primeiro PIE de Ponteareas supón unha oportunidade de mellora non só formativa tamén laboral e persoal para 100 persoas que dende o mes de novembro participan nas distintas formacións técnicas e teóricas programadas. A peculiaridade do Plan Integrado de Ponteareas vai máis aló da formación, segundo explica a alcaldesa, e persegue un coñecemento das persoas beneficiarias para descubrir as súas motivacións, cualidades e fortalezas para realizar un deseño da formación que deben recibir e logo acompañalos na procura de emprego.
A edil de Emprendemento explica que se traballa en adquirir recursos e técnicas de mellora da aptitude e tamén da actitude para acadar o éxito na inserción laboral. Guiados por profesionais en formación e orientación laboral aprenden a afrontar unha entrevista de traballo, a redactar o seu curriculum, descubren novas posibilidades, reciben formación en distintas materias tendo en conta a demanda do mercado laboral e adquiren seguridade á hora de relacionarse laboralmente. As e os técnicos do Plan Integrado de Emprego traballan en rede dun xeito colaborativo co tecido comercial e empresarial para atopar solucións laborais.
Ao longo dos meses de duración o Plan Integrado realiza un acompañamento integral e posibilita a realización de prácticas en diferentes empresas da contorna. Ao remate do curso as persoas participantes terán adquiridos coñecementos de ferramentas de procura de emprego, atención ao público, carretilleira/o, albanelería, hostalaría, atención ao cliente, caixeira, almacén e loxística, operario automoción. fontanería, elecricidade e recursos dixitias entre outros moitos pero sobre todo, seguridade en si mesmo para crer nas súas capacidades, sendo ese o éxito do programa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188