VIGO
Vigo competirá con Kevin Carreño polo título de Mellor Cociñeiro de Tapas de Galicia
Organizada por Turismo de Galicia, a VIII Gala Show Cooking "Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia" terá lugar no Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela
Sete petiscos, sete cociñeiros e sete cidades. De Tapas por Galicia 2024 poñerá a competir a sete cociñeiros das principais cidades galegas nunha aposta de Turismo de Galicia pola promoción do turismo urbano aderezada pola súa oferta gastronómica. E entre eles estará Kevin Carreño de Nikko Espacio Gastronómico que concursará representando a Vigo con " Nigiri de crokketa de carabineiro".
A VIII Gala Show Cooking "Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia" terá lugar o 9 de xullo no Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela. Unha cita organizada pola Xunta de Galicia e consolidada que vai xa pola súa oitava edición e que deixa patente a variedade e creatividade da gastronomía galega, mais enmarca tamén ditas experiencias en cidades atraentes e dinámicas cunha historia e cultura de seu.
Os sete cociñeiros que se disputarán o título foron galardoados nos certames de tapas de candasúa cidade. O roteiro que propón Turismo de Galicia inicia en Santiago de Compostela o percorrido pola xeografía galega no sentido das agullas do reloxo ata finalizar en Pontevedra, destacando algúns dos seus principais recursos turísticos urbanos e culturais, xunto coa proposta de tapa representante de cada cidade.
Kevin Carreño é orixinario de Monforte de Lemos e fillo adoptivo de Vigo. Comezou a súa carreira no Hotel Nagari e pasou por varios restaurantes da cidade olívica como La Central Gastro e Kyoto. Nese último perfeccionou a súa cociña asiática e coñeceu a todos os que hoxe conforman Nikko Espacio Gastronómico. Acude ao certame con "Nigiri de crokketa de carabineiro": un nigiri tradicional xaponés nunha croqueta con carabineiro e mollo de chili.
As propostas das outras cidades
Kevin Carreño enfrontarase por Vigo a Gabi Conde de Ourense (Restaurante Portovello); Álvaro Pérez de Santiago (Artesana Gastrobar); Manu Triay de Taberna Triay por Coruña; Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol), Bret Fernández de Prebe by Bret (Lugo) e Daniel Carramal de Loaira Xantar (Pontevedra).
Os sete representantes das cidades disputarán dous galardóns. Por unha banda, o premio do xurado profesional, que estará integrado por Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo; Jorge Gago, chef do restaurante A Maceta (Santiago de Compostela); Rubén González-Chef do restaurante El Cafetín (Pontevedra); a instagramer Sara Lúa e Rebeca Munín, directora da revista Pincha. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor. Por outra, o premio do xurado popular, que se elixirá mediante un sistema de televotación.
A cita enmárcase na estratexia que Turismo de Galicia desenvolve para promover o turismo urbán e a enogastronomía, a través da cooperación entre as empresas do sector, as asociacións e as institucións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20