Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 23 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Luisa Sánchez inaugura as obras de reforma da Casa Consistorial de Crecente

A institución provincial achegou 50.000 euros para posibilitar a adecuación do inmoble na súa zona de entrada, permitindo un mellor acceso ás persoas con mobilidade reducida

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, inaugurou nesta semana as obras de reforma da Casa Consistorial de Crecente, uns traballos que acadaron unha achega de 50.000 euros no plan de cooperación municipal da institución provincial. Grazas a estes recursos, Crecente puido facer fronte a unha importante adecuación das súas dependencias municipais, concretamente na zona de acceso ao edificio e no seu vestíbulo principal.

 

 

A vicepresidenta da Deputación lembrou que esta zona é “a primeira toma de contacto coa cidadanía” e, polo tanto, estas actuacións “son cruciais porque, ademais de favorecer a imaxe do municipio, debemos por unha banda garantir que o persoal municipal traballe nas mellores condicións posibles, e pola outra pensar en todos eses veciños e veciñas que se achegan aquí para realizar os seus trámites administrativos, consultas ou reunións co persoal municipal”.

 

As obras consistiron en intervencións de tabiquería (realización dun trasdosado autoportante na fachada principal do salón de plenos e disposición dun biombo no tabique de delimitación do salón de plenos co vestíbulo), acabados (falso teito, pavimento, pintado e alicatado das dependencias), carpintería exterior e interior e renovación das instalacións (electricidade, iluminación e fontanería dos aseos). Entre elas, Luisa Sánchez salientou especialmente a dotación dunha rampla accesible “para que as persoas con mobilidade reducida poidan acceder con comodidade a este edificio”. A este respecto, a vicepresidenta da Deputación lembrou que ata o próximo mércores está aberto o prazo de solicitude das axudas do novo programa “Pontevedra, provincia +inclusiva” para financiar actuacións de accesibilidade entre as entidades sociais.

 

Luisa Sánchez salientou que “somos o goberno do municipalismo e nunca antes os concellos desta provincia tiveron tanto protagonismo e poder como neste mandato da Deputación, poñendo todos os nosos recursos á súa disposición para que poidan avanzar nos seus proxectos”. A vicepresidenta lembrou outras actuacións financiadas pola institución provincial en Crecente, como os 30.000 € do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para a remodelación da piscina municipal, ou preto de 200.000 € no +Provincia para a renovación dos equipamentos do campo de fútbol e actuacións de pavimentación, así como case 100.000 € para a contratación de 7 persoas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.