Lunes, 15 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 22 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Luis López anuncia axudas para apoiar o sector agrogandeiro da provincia

Luis López: “Trátase dun dos sectores económicos fundamentais e fonte importante de emprego da provincia de Pontevedra. Por iso queremos estar ao seu carón e con liñas de axudas como esta que hoxe aprobamos avanzamos neste compromiso”

A Deputación de Pontevedra acaba de anunciar unha liña de axudas cun orzamento de 250.000 euros para que cooperativas agrogandeiras da provincia poidan realizar actuacións destinadas á recuperación e posta en valor dos recursos agrarios endóxenos de carácter agrícola e gandeiro. “Trátase dun dos sectores económicos fundamentais e fonte importante de emprego da provincia de Pontevedra”, asegurou o presidente Luis López, quen engadiu que “queremos estar ao seu carón e, con liñas de axudas como esta que hoxe aprobamos, avanzamos neste compromiso”.

 

 

As axudas a cooperativas agrogandeiras da provincia, que foron presentadas por Luis López na cooperativa O Rodo de Rodeiro, repartiranse en base a criterios de concorrencia competitiva. En xeral, destinarán a cada cooperativa un máximo do 65% do orzamento da actividade subvencionable, sempre que este non supere os 70.000 euros, con importes que oscilarán entre os  600 e os 35.000 euros como máximo.

 

Entre os gastos subvencionables atópanse os investimentos para mellorar os servizos que presta a cooperativa, como adquisición de terreos, obras, construcións, equipos instalacións, etc.; a comercialización, a transformación e a valorización das producións; a formación técnica e o asesoramento para desenvolver proxectos de investigación e innovación tecnolóxica, ou o uso das novas tecnoloxías e das enerxías renovables e o aforro enerxético.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.