PROVINCIA
Este domingo comezan os primeiros 140 cativos participantes nos Campamentos A Lanzada
O presidente Luis López visitará este luns, 24 de xuño, aos cativos que estrean os campamentos
O centro vacacional que a Deputación de Pontevedra ten na Lanzada xa está preparado para acoller aos primeiros nenos e nenas que desfrutarán este verán dos campamentos da institución provincial. O presidente Luis López visitará este luns, 24 de xuño, aos 140 cativos que estrean os campamentos este domingo e permanecerán no recinto da Lanzada ata o sábado 29.
Participan na primeira quenda dos Campamentos A Lanzada 140 nenos de 37 concellos da provincia, sendo Vigo, con 25, e Vilagarcía, con 16, os máis numerosos, seguidos doutros como Lalín (9), Pontevedra (8), Poio (7), Gondomar (6) ou A Guarda, Redondela e Silleda (4 de cada un). Todos teñen entre 7 e 13 anos, e poderán desfrutar do seu tempo libre a través de actividades de carácter educativo, cultural, deportivo e formativo. Ademais de facer saídas, como á Illa de Ons, hai programadas actividades en inglés, xogos e deportes, actividades na praia, no medio natural, actividades nocturnas, de teatro, contacontos e, entre outras moitas, baile.
En total, e ata o vindeiro 7 de setembro, serán 1.540 os menores que poderán desfrutar dos Campamentos A Lanzada, en once quendas diferentes dunha semana cada unha. O presidente provincial, Luis López, subliñou que “agardamos que desfruten moito destes campamentos, cos que miramos aos mais pequenos da casa, pensando no seu benestar, apoiándonos e ofrecéndolles actividades alternativas para o seu lecer e tempo libre, e tamén ás familias, porque con iniciativas como esta axudámolas na difícil tarefa da conciliación”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129