GALICIA
A Xunta concedeu axudas á vivenda por importe de 286 millóns de euros entre 2021 e 2023
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez, xunto co secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, participou fai uns días na reunión do Observatorio da Vivenda de Galicia
A Xunta concedeu axudas en materia de vivenda por importe de 286 M€ desde a sinatura no 2021 do Pacto pola Vivenda de Galicia. Así o indicou a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, na reunión do Observatorio da Vivenda de Galicia que tivo lugar a pasada semana na sede do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).
Nesta reunión fíxose balance da execución das medidas incluídas no Pacto de Vivenda e presentáronse as estratexias da Xunta de Galicia para acadar 8.000 vivendas públicas e desenvolver solo para 20.000 vivendas protexidas e 5.000 libres na actual lexislatura.
No detalle do balance, os 286 millóns concedidos en axudas desde 2021 facilitaron o acceso á vivenda a preto de 13.600 familias e promoveron a rehabilitación de preto de 36.000 vivendas existentes, segundo se indicou na reunión. Ademais, concedéronse préstamos do fondo de cooperación para 66 actuacións de concellos interesados na rehabilitación do seu patrimonio.
Estas cifras, tal e como destacou a conselleira, son posibles grazas ao elevado porcentaxe de execución do orzamento do IGVS, que acadou preto de 84 por cento en 2021, preto do 80 por cento en 2022 e o 94 por cento en 2023.
Polo que respecta ás medidas previstas no Pacto de Vivenda de Galicia, xa están en executadas ou en execución o 93 por cento do total.
8.000 vivendas públicas e desenvolvemento de solo residencial
O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo expuxo aos membros do Observatorio da Vivenda a estratexia da Xunta de Galicia para duplicar na presente lexislatura o número de vivendas públicas e acadar un total de 8.000.
Os membros do Observatorio de Vivenda tamén coñeceron a estratexia da Xunta de Galicia para o desenvolvemento de solo residencial para 20.000 vivendas protexidas e 5.000 vivendas libres.
As actuacións centraranse nas grandes cidades e a súa área metropolitana, nas que se concentra a meirande parte da demanda de vivenda de Galicia. Ás cidades uniranse outras zonas, como o Salnés, nas que tamén existe unha alta demanda de vivenda.
Para levar a cabo este proxecto, a Xunta deberá adquirir e urbanizar arredor de 3,3 millóns de metros cadrados de solo, cun investimento estimado que supera os 42 millóns de euros.
“Total dedicación” da Xunta
Tal e como subliñou Martínez Allegue, a vivenda é un asunto de vital importancia para o Goberno galego, e desde o departamento que dirixe xa se está a traballar “con total dedicación” no desenvolvemento dos grandes retos plantexados nesta lexislatura.
A conselleira puxo o acento en como para cumprir os obxectivos propostos é imprescindible axilizar os trámites administrativos e, para iso, desde a Xunta realizaranse os cambios normativos que sexan necesarios, para o que é precisa a colaboración de todos os sectores implicados.
Explicou que o departamento que dirixe está realizando xuntanzas cos distintos colectivos que conforman o mundo da vivenda. No obstante, tal e como apuntou Martínez Allegue, é a través do Observatorio da Vivenda como se deben encamiñar as achegas de cada colectivo, polo que invitou a presentar as propostas, no prazo dun mes, a través do mesmo.
Anunciou que o Consello da Xunta xa autorizou o incremento dos módulos das vivendas de promoción privada para actualizalos conforme o incremento dos custes do sector da construción.
Finalmente, Martínez Allegue, fixo fincapé no traballo para renovar e actualizar o pacto da Vivenda, xa no cuarto período, que naceu para o período 2021-2025. Neste sentido, convidou a ir traballando xa nas propostas e os novos retos a afrontar a través do próximo pacto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60