PROVINCIA DE PONTEVEDRA
O PSdeG-PSOE esixe explicacións ante o peche das oficinas de SMARTPEME
O Grupo socialista denuncia unha vez máis “a falta de dilixencias e a habitual vagancia do Goberno do PP para lanzar o novo contrato o que agora provoca que empresas, persoas autónomas usuarias e empregados desta rede pioneira en Galicia se queden na rúa”
. O Grupo Provincial do PSDG-PSOE instou hoxe ao presidente da Deputación de Pontevedra “a dar explicacións urxentes ante o inaudito peche das oficinas que existen na provincia da Rede SMARTPEME, pioneira en Galicia en achegar as TICS ás empresas e modelo de éxito no asesoramento en dixitalización ao tecido económico do territorio”.
A portavoz do PSdeG, Ana Laura Iglesias, lamentou que “unha vez máis se poña de manifesto a falta de dilixencias, de traballo e de acción do actual goberno da Deputación, que deixou pasar o tempo sen lanzar o novo contrato de SmartPeme o que agora ten estas consecuencias”. Iglesias subliñou que “isto é unha nova proba de que a Deputación lle queda moi grande ao PP que, coa habitual vagancia como sinal de identidade deste goberno, se decatou de que lles pillaba o touro demasiado tarde e con tempo unicamente de sacar un contrato menor por 20.000 euros que unicamente lles vale para ter aberta a oficina de SMARTPEME en Pontevedra e a de Cambados”. Da mesma forma, denunciou que “outra vez estamos ante un novo exemplo de falta de transparencia, sen unha soa explicación, nin aviso do peche o que provocou as protestas das persoas usuarias do servizo”.
Así as cousas, a día de hoxe están pechadas “a cal e canto” as oficinas de Vigo, ubicada na sede central na cidade, e as de Lalín, O Porriño e Ponteareas. “Portas pechadas, ninguén que atenda o teléfono e queixas das persoas e firmas clientes destas oficinas sen que ninguén lles dea unha explicación”, sinalou a voceira socialista. “É intolerable que pola desidia do equipo de Luís López as empresas e as persoas autónomas usuarias deste servizo da Deputación se vexan privadas do asesoramento en TICS que lles presta SmartPeme, así como as persoas empregadas destas oficinas que se quedan sen o seu posto de traballo ata que se lance o novo contrato”. Por todo elo, Ana Laura Iglesias instou ao presidente provincial a dar unha explicación real do que está ocorrendo e clarifique cando se va a restituír o servizo en todas as oficinas clausuradas.
O Grupo socialista lembrou que foi o anterior goberno quen creou en 2016 SmartPeme cunha rede de sete oficinas por todo o territorio para a formación a sociedades e persoas autónomas en materia de novas tecnoloxías para que as TICS axuden ás pequenas e medianas empresas da provincia a ser dixitalizadas, máis competitivas e que empreguen estes instrumentos para ser unha grande referencia do novo modelo de sociedade. SmartPeme ten un balance de éxito e está considerado un exemplo en todo o Estado con máis de 12.000 asesoramentos realizados a preto de 2.000 empresas da provincia e con máis de 1.900 actividades nas que participaron preto de 20.000 persoas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119