A Xunta de Galicia continúa avanzando na tramitación dos contratos para a construción de 104 vivendas de promoción pública no polígono 1 da ampliación de San Paio de Navia, en Vigo. Con tal motivo, a mesa de contratación reuniuse para a apertura das proposicións económicas presentadas polas empresas para a construción de tres grupos de 46, 40 e 18 vivendas respectivamente.
A mesa abriu as tres propostas económicas presentadas para a construción de 46 vivendas de promoción pública na parcela M-IVB-25 de San Paio de Navia, obra que foi licitada por importe de 9.708.910 euros. Ademais, abriu as catro propostas económicas para a construción de 40 vivendas de promoción pública na parcela M-IVB-21, licitadas por importe de 8.595.902 euros. Finalmente, abriu as tres propostas económicas para a construción de 18 vivendas de promoción pública na parcela M.IVA-9, licitadas por importe de 3.691.253 euros.
A comezos de xuño xa se abriron as propostas económicas para a construción doutros dous grupos, cun total de 59 vivendas de promoción pública, que se licitaron por importe de 11,3 millóns de euros.
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57