TURISMO
Rueda destaca o peso do Peregrino Internacional no Camiño de Santiago
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou estes días o peso crecente dos peregrinos internacionais no Camiño de Santiago, que xa representan máis do 60 % do total de peregrinos. Tamén subliñou que os visitantes están a optar cada vez máis por rutas xacobeas diversificadas e desestacionalizadas.
O mandatario galego está a realizar varias etapas do Camiño Portugués da Costa, unha das rutas que máis medrou nos últimos anos. Durante a súa intervención, sinalou que antes de que remate xuño xa se superará a cifra de 200.000 compostelas, o que augura un novo récord anual de peregrinos, un feito que é especialmente significativo por non ser Ano Santo.
“Estase conseguindo que a Marca Galicia, algo fundamental para nós, para o noso turismo, para representar a Galicia no mundo, teña mellor saúde que nunca”, afirmou Rueda desde Pontevedra, onde comezou a etapa de onte.
O presidente da Xunta animou a vivir “toda unha experiencia” facendo algún dos camiños de Santiago e destacou que tanto o Camiño Portugués tradicional como o Portugués da Costa “xa están case a par do francés” en número de peregrinos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60