Ponteareas
O Concello de Ponteareas convoca o LVI Concurso de Gaitas do País
O Concello de Ponteareas anunciou a convocatoria da LVI edición do Concurso de Gaitas do País, que terá lugar o vindeiro 21 de setembro. Este evento consolida a Ponteareas como un dos encontros de referencia da música tradicional galega, sendo unha das festas máis antigas de Galicia no panorama musical.
Poderán participar no concurso ata trece grupos de gaitas, que poden estar compostos por persoas físicas ou xurídicas. O único requisito é que utilicen instrumentos tradicionais galegos sen ningún tipo de modificación.
O LVI Concurso de Gaitas do País conta cun orzamento de 9.600€ para premios, achegados pola administración local, así como diversos obsequios materiais cortesía de Artesanía de Galicia. O primeiro clasificado recibirá 2.000€ e unha gaita tradicional do Obradoiro de Gaitas Gil; o segundo, 1.500€ e un tamboril de Sanín Percusión Tradicional; o terceiro, 1.000€ e o cuarto, 600€. Os restantes grupos recibirán unha contía de 500€, independentemente da súa posición clasificatoria.
As agrupacións interesadas en participar deberán cubrir o modelo facilitado polo Departamento de Cultura Municipal, dispoñible na nova páxina web do Concello, onde tamén se atopa toda a información legal relacionada co concurso. A solicitude cuberta deberá presentarse a través da Sede Electrónica mediante Rexistro de Entrada.
O prazo de inscrición está xa aberto e permanecerá ata o próximo 13 de setembro, oito días antes da celebración do concurso. O 19 de setembro, o Concello publicará a lista de grupos admitidos, e o 20 de setembro realizarase o sorteo en presenza do Secretario do Concello e do público que desexe asistir.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129