Galicia
Abre o prazo para solicitar bolsas para estudar no Centro Superior de Hostelería de Galicia
A Xunta de Galicia abre o prazo para solicitar algunha das máis de medio cento de bolsas que o Centro Superior de Hostelería de Galicia ofrecerá este ano. Estas bolsas están destinadas a facilitar o acceso aos estudos universitarios de Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras (USC) e ao Curso Superior de Chef en Cociña e Pastalería.
Segundo se indica no Diario Oficial de Galicia, os beneficiarios destas bolsas pagarán un prezo reducido entre 800 e 2.000 € por curso e terán aloxamento gratuíto (a matrícula custa 4.000 €). Delas, 41 bolsas serán para o grao da Universidade de Santiago de Compostela en Xestión de Empresas Hostaleiras e 11 para o Curso Superior de Chef en Cociña e Pastalería, que se impartirá por primeira vez o vindeiro curso.
Das 41 bolsas para o grao de Xestión de Empresas Hostaleiras, seis serán bolsas de excelencia. Esta é unha novidade deste ano dirixida a alumnos cun expediente académico de 8 ou superior, cubrindo o 80% do prezo e o aloxamento na residencia (incluíndo ceas de luns a venres). As bolsas renovaranse cada ano ata acabar o grao, sempre que o alumno supere o curso cunha nota mínima dun 20% por riba da media da clase.
Outras 25 bolsas serán en réxime ordinario, baseándose na renda promedio da unidade familiar que debe estar por debaixo dun máximo. Estas cubrirán o 80% do prezo para as dez máximas puntuacións e o 50% para as 15 seguintes, incluíndo o aloxamento na residencia (con ceas de luns a venres). A bolsa renovarase cada curso, sempre que o alumno supere o curso e as condicións económicas da unidade familiar non sobrepasen os límites das bases da convocatoria.
Este ano tamén se convocarán, como novidade, bolsas para persoas galegas residentes no exterior. Serán un total de 10 e cubrirán o 80% do prezo e o aloxamento na residencia (con ceas de luns a venres). A bolsa renovarase cada curso, sempre que o alumno supere o curso.
Ata o 18 de xullo
No que se refire ás bolsas do CSHG para o Curso Superior de Chef en Cociña e Pastalería dun ano de duración (11 bolsas), convocaranse dúas bolsas de excelencia nas que o expediente académico (ciclo formativo superior ou ciclo medio) deberá ser de 8 ou superior. Estas cubrirán o 80% do prezo e o aloxamento na residencia (incluíndo ceas de luns a venres).
Tamén se convocarán catro bolsas ordinarias, baseándose na renda promedio da unidade familiar, que debe estar por debaixo dun máximo. Estas bolsas puntuarán os ingresos familiares nun 60% e o expediente académico nun 40%, cubrindo o 80% do prezo para a máxima puntuación e o 50% para as tres seguintes solicitudes, incluíndo o aloxamento na residencia (con ceas de luns a venres). Ademais, haberá cinco bolsas para persoas galegas residentes no exterior, cubrindo o 80% do prezo e o aloxamento na residencia (con ceas de luns a venres). O prazo de presentación de solicitudes rematará o 18 de xullo de 2024.
O Centro Superior de Hostelería de Galicia contará tamén con outras accións que incentivarán a matrícula. Haberá 14 axudas a través de acordos con cadeas hoteleiras para ofrecer aloxamento gratuíto, 7 para o Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras e outras 7 para o Curso Superior de Chef en Cociña e Pastalería. Grazas ao acordo co Clúster de Turismo de Galicia, tamén estarán dispoñibles catro axudas para aloxamento gratuíto. Ademais, existirán opcións de exención de matrícula total ou parcial baseadas en criterios como familias numerosas, matrícula de honra no Bacharelato, e persoas con discapacidade.
Novidades este curso
Estas bolsas forman parte das medidas que a Xunta de Galicia porá en marcha o vindeiro curso académico para facilitar e flexibilizar o acceso aos estudos universitarios en Xestión de Empresas Hostaleiras impartidos neste centro adscrito á Universidade de Santiago de Compostela e dependente orgánicamente de Turismo de Galicia. No curso 24/25, a matrícula reducirá o seu prezo nun 50%, duplicarase o número de bolsas de estudos que poderán sufragar ata o 80% da matrícula e incrementarase a oferta formativa cun título propio sobre gastronomía.
O Centro Superior de Hostalería de Galicia leva máis de 30 anos formando xestores e directivos de empresas turísticas, sendo dependente da Xunta de Galicia. Comezou ofertando unha formación propia en Dirección Hoteleira e Gastronomía e, desde o ano 2021, está adscrito á Universidade de Santiago de Compostela, impartindo o Grao universitario en Xestión de Empresas Hostaleiras coas especialidades de gastronomía e dirección hostaleira.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60