Nigrán
O Concello de Nigrán subministra unha bomba de impulsión a un orfanato de Mozambique
A 'Casa do Gaiato' de Massaca é o fogar de 160 orfos que se alimentan, en boa medida, grazas ao autocultivo, moi prexudicado pola seca. A bomba garante a colleita de hortalizas, legumes ou froitos para consumo propio e para a venda asequible á comunidade local
O Concello de Nigrán dá un paso máis na cooperación internacional subministrando unha bomba de impulsión á 'Casa do Gaiato', orfanato no sur de Mozambique e auténtico 'fogar da salvación' para 160 crianzas, moitas delas seropositivas. Algo tan sinxelo como este aparato (que ofrece un caudal de 50 m³/h) permitirá salvar os cultivos dos que se alimenta a gran familia que conforma esta institución en Massaca, a 3 horas en coche da capital, Maputo. A auga captada a 2 kilómetros permite xa regar sen dificultade 10 hectáreas de hortalizas (cenoria, leituga, remolacha, tomate, cebola, kale, repolo, perexil, coandro), 2 hectáreas de fabas, 8 hectáreas de pementos e 5 hectáreas de mangos, laranxeiras, limoeiros, lichis e maracuxás. Este investimento garantirá a súa alimentación (200 persoas ao día) e, ademais, un 50% da colleita poderá ser vendida a un prezo accesible para a comunidade local, revertindo estes cartos, unha vez máis, na compra de produtos complementarios e de primeira necesidade para a alimentación das crianzas.
"Coñecín a 'Casa do Gaiato' en sendas viaxes no 2018 e 2022 como presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade; o traballo que alí desenvolven coa rapazada deixoume moi impactado, tanto que creo que calquera veciño ou veciña de Nigrán estaría moi orgulloso de que o Concello de Nigrán axude deste xeito", explica o alcalde, Juan González, quen incide en que a seca que afecta desde hai anos ao país africano está dificultando moito a colleita, e para o 'Gaiato' o autocultivo un dos piares da súa alimentación. "Esta bomba permite que poidan impulsar auga desde unha lagoa cercana ata os seus campos, garantindo asi a supervivencia da colleita, algo tan sinxelo mellorará a súa calidade de vida substancialmente", incide González, quen engade que xa está en funcionamento e que, ata ese intre, levaban a auga directamente en cubos.
Na 'Casa do Gaiato' traballa a enfermeira galega María José Castro, 'Tía María' para as crianzas e quen foi como voluntaria no 2000 e xa non marchou, dirixindo a súa vez a 'Fundaçao Encontro' que leva adiante programas educativos relacionados coa saúde e coa que tamén colabora o Fondo Galego. Alí, explica, son como unha gran familia na que todo se comparte (desde a roupa, ao calzado e os xoguetes) e na que todos colaboran nas tarefas domésticas facendo quendas e sempre supervisados por un adulto. Cada ano reciben a unha vintena de rapaces menores de 12 anos que aparecen alí polo seu propio pé ou que os deriva a Policía ou outras institucións ao ficar en estado de abandono, moitos na rúa, e un 30% deles seropositivos que perderon aos seus pais a causa do SIDA. A súa vez, cada ano unha vintena de entre 15 e 20 anos emancípase tras ter completados os seus estudos, disto depende o nivel de educación acadado (mínimo décimo curso) e da súa propia madurez.
"A Casa do Gaiato é a familia que non teñen, a que lles ofrece unha manutención, amparo, arraigo, educación, e, sobre todo, moito amor; iso é o que eu constatei alí, e por iso estou especialmente orgulloso de que o Concello de Nigrán teña contribuído a mellorar a situación desta institución", explica o alcalde, Juan González. "Esta é a mellor imaxe que podemos proxectar do noso municipio de cara ao exterior: unha localidade que loita contra as desigualdades norte/sur e que cre na cooperación internacional e no municipalismo", resume.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60