MOS
Veciños de Mos apoian en pleno a moción presentada para esixir ao Goberno central a mellora da A55
O grupo de goberno presentou unha moción neste senso que foi aprobada por maioría coas abstencións de PSOE e BNG
A desesperación da veciñanza, e a intención do goberno municipal mosense de seguir defendéndoa por riba de todo, fixo que unha vez máis se levase hoxe a Pleno unha moción para esixir ao goberno central a mellora da Autovía A55. Na sesión plenaria produciuse xa a primeira das mobilizacións veciñais anunciadas de cara a realizar a devandita reclamación, que congregou a un nutrido grupo de habitantes de Mos, moitos da parroquia de Tameiga, que non soportan xa esta situación que se lles está a facer insostible e insoportable. E é que a altura das curvas de Tameiga concéntranse os maiores problemas, e trátase dun tramo que se atopa nun estado lamentable que non pode continuar por máis tempo. Tal e como expresaron desde o goberno local mosense, a alcaldesa Nidia Arévalo, e a concelleira da parroquia de Tameiga, que defendeu a moción en Pleno, Feli Rodríguez.
Arévalo e Rodríguez puntualizaron ademáis que non só está deteriorada a Autovía A-55, senón que se atopan en igual condición de deterioro os carrís de servicio paralelos á autovía, que dan servicio aos barrios de Mos, e os carrís de incorporación á mésma; o firme está moi deteriorado, incluso hai zonas onde o carril se está a desfacer por desplome do terreo onde se sustenta.
“No caso da A-55 ao seu paso polo noso Cocello, pódese comprobar como o Goberno de España descoida esta autovía dado o lamentable estado de conservación da mesma e o lamentable estado de conservación dos accesos e das vías de servicio paralelas á vía”, sentenciaron rexedora e concelleira quenes engadiron que “o goberno local mosense non pode tolerar por máis tempo a deixadez do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana con Mos, e en particular coa Autovía A-55, polo que presentamos esta moción”.
Coa aprobación por maioría da mesma en Pleno, xa que os grupos da oposición PSOE e BNG abstivéronse –algo que se lamenta dede o equipo de goberno mosense- , acordouse instar, novamente, ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana o arranxo integral e urxente a autovía A-55 ao seu paso por Mos, con asfalto antirruido y antideslizante, incluíndo o arranxo dos carrís de incorporación e as vías de servicio paralelas. E dar inicio a todos aqueles movementos precisos e necesarios, promovidos polo Concello de Mos, para a consecución de que a autovía A-55 que atravesa o noso Concello esté en estado óptimo.
Aínda que recentemente se anunciou o asfaltado integral da Autovía durante este verán “non nos cremos xa as promesas do Goberno Central que leva anos incumprindo e a día de hoxe a situación é xa límite”, declaran desde o goberno mosense.
Na A-55 se xogan a vida 60.000 condutores a diario e na que o asfalto se atopa nun estado lamentable, cheo de buracos.
Os maiores problemas concéntranse á altura das curvas de Tameiga en dirección a Tui, na contorna da saída 10, zona na que as fochancas reaparecen nos mesmos puntos nos que se parchea.
“Desde o Ministerio non parecen ter pensado poñerlle fin ao mal estado da autovía A-55 máis aló de tratamento puntuais e insuficientes, polo que desde Mos estamos xa fartos”, informaron a alcaldesa e o seu goberno local.
“Como unha autovía que é o Eixo vertebrador da área metropolitana e pola que pasan milleiros de condutores a diario pode estar nun estado tan lamentable? Fochancas, falla de visibilidade, de iluminación e de sinalización… esa é a realidade da A55. Unha realidade da que somos testemuñas os mosenses todos os días. Reclamamos que o Ministerio asuma dunha vez por todas o digno mantemento da A55 asignándolle a correspondente e necesaria partida económica, posto que se trata dunha das vías máis perigosas e deterioradas de España, con maior sinistralidade e, paradóxicamente, das que máis recada en multas por radar. Polo que esiximos a inversión pertinente para que sexa segura e non unha autovía tercermundista como é actualmente”, concluíu Arévalo, rexedora local mosense.
Mos leva anos facendo reclamacións sobre a A55 que sempre foron desoídas polo Ministerio, sen ir máis lonxe aprobouse por unanimidade no Pleno de xaneiro deste ano unha moción para instar a Transportes a solucionar a problemática das infraestruturas viarias que atravesan o Concello. O óptimo mantemento da A55 e A52, conexión da N550 coa A55 dirección Tui, e a liberación da peaxe da AP9 en O Porriño, foron algunhas das reclamacións que se lle realizaron ao Ministerio tras a aprobación da moción plenaria de principios do presente 2024.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116