O PORRIÑO
Os maiores do Porriño seguen cultivando a mente para previr do deterioro
Remata unha nova edición de “Cultiva a mente”, o programa de detección precoz do Alzhéimer e prevención do deterioro cognitivo organizado polo Concello do Porriño e Afaga
15 persoas maiores de 55 anos do Porriño participaron nunha nova edición do programa de prevención do deterioro cognitivo “Cultiva a mente”, organizado polo Concello do Porriño e Afaga, que se clausurou fai uns días no Centro Sociocomunitario do Porriño.
Estas xornadas están dirixidas a previr a demencia e á súa detección precoz, así como á promoción de hábitos saludables a nivel cognitivo e emocional. Están impartidas por unha psicóloga con formación específica no desenvolvemento e execución de plans de prevención do deterioro cognitivo e durante o curso se traballan diferentes aspectos como o envellecemento activo, a promoción das relación sociais e prevención da soidade, a independencia e autonomía, a memoria, a atención e orientación.
Os e as participantes recibiron un diploma acreditativo entregado polo alcalde, Alejandro Lorenzo, que os recibiu esta mañá no último día do curso, acompañado polo presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez, e concelleira de Política Social, Teresa Veloso.
As clases semanais de 2h os luns retomaranse en setembro co principio do curso escolar.
Juan Carlos Rodríguez, salienta que “hai que vivir con calidade. En Afaga creamos e ensinamos ferramentas para poder socializar e estar activos. A idade non é un problema, o único problema é a vulnerabilidade e a falta de relación social. Se conseguimos relacionarnos entre todos e conseguimos estar activos emocional, cognitiva e físicamente, estamos vivindo anos de calidade”.
“O labor que está facendo Afaga é magnífico, e desde o Concello seguiremos colaborando con eles para dar continuidade a esta e outras actividades para que os nosos maiores conten coa mellor calidade de vida posible”, explicou o alcalde.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22