Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 25 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Luis López augura un verán cheo de experiencias 100 % Rías Baixas para os participantes dos campamentos

O presidente provincial visita o Centro de Vacacións de San Vicente onde este domingo chegaron as 140 nenas e nenos que participan na primeira quenda duns campamentos que acollerán a 1.540 menores de 7 a 13 anos ata o 7 de setembro

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visitou onte luns o Centro de Vacacións da Lanzada onde se están celebrando os campamentos infantís de verán que organiza cada ano o organismo provincial. O dirixente saudou aos 140 nenas e nenos que abriron este domingo uns campamentos que, en quendas dunha semana de duración, se prolongarán ata o 7 de setembro e nos que participarán un total de 1.540 menores de 7 a 13 anos de idade. “Foi un curso moi duro, traballastes moito e agora merecedes desfrutar dunhas vacacións merecidas. Vai ser unha semana inesquecible”, díxolle o presidente aos participantes.

 

 

Despois de percorrer as instalacións deste centro que xestiona a Deputación e coñecer aos monitores e participantes, Luis López conversou coa cativada, interesouse polas actividades previstas para toda a semana e ata puido compartir con eles algunha actividade de ocio.

 

Nesta primeira quenda, son 140 as nenas e nenos que participan. Chegaron ao campamento este domingo e ao longo da semana desfrutarán de “experiencias 100 % Rías Baixas” como unha excursión en barco á illa de Ons, saídas polo espazo natural da contorna deste centro ubicado en San Vicente, así como de actividades musicais, deportivas ou teatrais ademais de infinidade de xogos co obxectivo de gozar do verán ao tempo que fomentan valores como o respecto, a igualdade, a tolerancia ou o coidado do medio ambiente.

 

Ata o 7 de setembro serán un total de 1.540 nenas e nenos os que pasen por este Centro de Vacacións. Unha cifra que demostra a aceptación e o interese que espertan estes campamentos entre as familias da provincia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.