Viernes, 07 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 27 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño renovará o asfaltado de varios viais do centro urbano e parroquias

O Concello licita traballos de reposición do firme por máis de 150.000 euros

O Porriño invertirá máis de 150.000 euros en renovar o asfalto de varios viais do centro urbano e das parroquias de Cans e Atios.

 


A concellería de Vías e Obras, que dirixe Ramón Porto, sacou a licitación os traballos de reposición do firme nas rúas Fernández Areal, Pego  e Fontevella e de viais en Cans, Roupeiro e As Cavadas. As empresas interesadas en executar estes traballos, que contan con financiación provincial, ao abeiro do Plan + Provincia 2024, xa poden presentar as súas ofertas.  


Na rúa Fernández Areal acometerase a reconstrución da capa de rodadura, “algo moi demandado pola veciñanza na actualidade o pavimento asfáltico atopase en mal estado de conservación e a súa degradación vese cada vez máis acelerada”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo. “Trátase dun vial cun importante tráfico rodado, xa que enlaza o centro da vila co Centro de Saúde, o pavillón municipal e outros servizos”, continuou, “Esta intervención esténdese aos camiños Fontevella e Pego”. A actuación conxunta abarca unha superficie de 570 m de lonxitude e un ancho medio de 6,5 metros, polo que a superficie de actuación abarcará os 3700 m.


Estas actuacións compoñen o primeiro lote dos traballos que conta cun orzamento base de 105.545 euros.


Por outra banda, intervirase nas parroquias de Atios (Cavadas e Roupeiro) e Cans, onde se levarán tamén melloras do firme, que inclúen en algúns puntos ampliacións de calzada. obras por realizar consisten en la mejora del firme.  En As Cavadas repoñerase o firme nun tramo de 164 m, cunha superficie de de capa de rodadura de 767m²; no Roupeiro actuarase nun tramo de 224 m, previo fresado, e cunha superficie total de intervención de 1.581 ² e en Cans renovarase un tramo de 99 m, cunha superficie da capa de rodadura es de 374m². Será necesario ampliar 66m2 de calzada e a colocación de 31m de bordillo de formigón. Estes traballos contan cun orzamento base de 47.915  euros.


“Son moi consciente da necesidade de levar a cabo reparacións en moitos viais do municipio, a falta de conservación e mantemento durante anos fixo estragos, pero chegaremos a todos e cada un deles. A mellora da rede viaria é un dos meus compromisos e seguirá a selo”, concluíu o rexedor.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.