Miércoles, 10 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 26 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación organiza esta semana 13 saídas ao abeiro do Plan “+Convivencia”

Os participantes, de entidades de dez concellos da provincia, visitarán lugares como Vigo, O Grove, A Toxa, Portonovo, Arbo, Salvaterra ou, entre outros, as illas Cíes, Ons, Sálvora e San Simón

956 persoas de 13 entidades diferentes da provincia desfrutarán nos vindeiros días de saídas ao abeiro do programa “+Convivencia” da Deputación de Pontevedra, que ofrece ás entidades a oportunidade de compartir experiencias e crear espazos de participación. Trátanse de asociacións de nove concellos (A Guarda, A Lama, Baiona, Bueu, Marín, Meis, Pontevedra, Portas, Redondela e Vigo) que descubrirán lugares como Vigo, O Grove, A Toxa, Portonovo, Arbo, Salvaterra ou, entre outros, as illas de Ons, Sálvora e San Simón.

 

 

As saídas arrancarán este mércores, 26 de xuño, con 52 persoas da Asociación de Mulleres Rurais “Mar e agro” de Bueu coñecerán a Vila Romana de Toralla, o parque de Castrelos e o Museo do Mar, en Vigo. O venres, día 28, serán 64 integrantes da Fundación Integra para a discapacidade intelectual, de Vigo, os que farán unha saída de sendeirismo polo monte Alba e pasarán un día no Parque de Humor Amarelo, tamén en Vigo.

 

Os percorridos continuarán o sábado, 29 de xuño, coas actividades de cinco asociacións diferentes. Neste caso  55 membros da Asociación Érguete, da Guarda, visitarán a Illa de San Simón, o Museo de Meirande, o Castelo de Soutomaior e a Illa Medal; 23 persoas da Asociación Amizade de Pontevedra realizarán unha saída náutica pola Ría de Vigo; 52 persoas da Asociación Enfermos de Artrite de Pontevedra (Asearpo), de Redondela, desfrutarán dunha xornada marítima polo Grove, A Toxa e Portonovo; 55 usuarios da Asociación Cultural Evaristo de Sela, de Vigo, visitarán o Pazo de Liñares, o Museo Ramón María Aller e o Castro de Doade; 55 persoas da Asociación de Mulleres Rurais A Picaraña, da Lama, farán unha excursión ás illas de Sálvora e Ons, e 50 persoas da Asociación por un Museo do Mar para Marín coñecerán a Illa de Ons.

 

As últimas seis saídas desta semana terán lugar o domingo, 30 de xuño. Ese día, 54 persoas da Asociación do Traxe Galego da Guarda coñecerán a Illa de Ons; 54 membros da Asociación Amigos da Vieira de Bueu visitaran a Illa de San Simón, Vigo e o Museo de Rande; 50 persoas da Asociación de Mulleres Rurais do Concello de Meis descubrirán Arbo e Salvaterra de Miño, con visitas ao Museo Arabo e á Bodega Pazo Pegullal; 90 persoas da C.D. Portas desfrutarán dunha xornada de convivencia na provincia, e 302 persoas da ANPA Covaterreña de Baiona realizarán unha saída ás Illas Cíes.

 

O programa “+Convivencia”, que está dotado con 220.000 euros, permite a entidades sen fins de lucro da provincia coñecer o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural da provincia de Pontevedra. Oferta un amplo catálogo de actividades de todo tipo: relacionadas coa arqueoloxía, coa arquitectura civil, a relixiosa, a popular, cos faros, co Camiño de Santiago ou cos museos. Todas as propostas están abertas a entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais e culturais ou tamén ANPAS da provincia e o prazo para solicitar as actividades, que deberán realizarse antes do 15 de decembro, permanecerá aberto ata o 1 de decembro.

 

Como novidade, o Goberno provincial destina este ano a cada entidade unha axuda de ata 1.000 € para que poidan xestionar e deseñar con total autonomía a súa actividade, favorecendo a contratación de empresas do tecido máis próximo e estimulando a economía local. Deste xeito rómpese co que acontecía ata o de agora, pois eran grandes grupos de viaxes, moi afastados das asociacións que organizaban as actividades, os que se facían coas ofertas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.