Jueves, 06 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 25 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

Mos amplía a rede de saneamento en Cela

A obra, que inclúe a instalación de preto de 500 metros de nova rede, acometerase grazas a unha subvención provincial de máis de 112.000 euros

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o seu tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, informaron de que lle vén de ser concedida á administración local mosense unha subvención ao abeiro do Plan + Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra, na liña 1 – investimentos do mesmo, por importe de 112.736,51 euros e co obxecto de acometer a rede de saneamento no Camiño do Carballo, parroquia de Cela, núcleo rural de Pardellas.

 


Os representantes municipais, Arévalo e Grandal, informaron de que “as obras previstas neste proxecto discorren por unha zona dun núcleo rural, onde se dará servizo a un total de 13 vivendas e 52 habitantes co fin de chegar a todos aqueles lugares e vivendas do Concello de Mos que carecen deste servizo”. Así, apuntaron tamén que se levará a cabo a execución dun total de 486,56 ml. de colector de saneamento coas súas acometidas correspondentes.


Previo á execución da canalización será necesario realizar traballos de demolición de pavimento e escavación de gabia correspondentes á zona de actuación.


As obras de ampliación e mellora consisten na execución dunha nova rede de residuais que discorre por gravidade ao longo de diversos camiños, rúas públicas e parcelas de titularidade privada ata a súa conexión un pozo da rede de saneamento existente, máis un tramo de colector que discorre por gravidade ao longo de diversas parcelas privadas ata a súa conexión co pozo PA2 da rede antes descrita. Trátase neste segundo caso dun tramo máis pequeno.


No deseño da rede destaca o elevado número e altura dos seus pozos de transición, condicionados polo gran desnivel existente a salvar ao longo de todo o colector proxectado.


O colector proxectado executarase na medida do posible polas marxes das rúas ou parcelas polas que discorren, coas lonxitudes e conexións definidas nos planos para cada caso.


Realizaranse demolicións de pavimento asfáltico en cruces de calzada así como de formigón nalgún dos camiños polos que discorre o trazado, os cales deberán ser demolidos e reposto por uns de similares características.


Para a rede de saneamento proxectouse unha tubaxe en PVC de diámetros 315 mm e 250 mm segundo zona. Os pozos de rexistro son circulares de 1,00 - 1,20 m de diámetro, realizados con aros de formigón prefabricado, recebado interior, soleira de formigón con formación de acanaladura, tapa e cerco de fundición. Contémplase a existencia de varios pozos de resalto debido ás pendentes do terreo.


A acometidas realizaranse mediante arquetas de 40x40 m. cunha tapa de rexistro de fundición de 50x50cm, preferentemente no portal de acceso de cada unha das vivendas ás que se pretende dar servizo.


A rede de saneamento proxectada divídese en dous tramos entroncados entre si, e cuxo vertedura final ten lugar nun pozo que á súa vez conecta por gravidade cunha rede de saneamento xa existente.


As obras contempladas no presente proxecto inclúen a reposición dos pavimentos demolidos previamente mediante a execución dunha base de saburra natural de 20 cm de espesor, a rega de imprimación e a execución dunha capa de rodadura de pavimento de aglomerado asfaltico de 8 cm de espesor ou soleira de formigón HP-30, a todo o longo das zonas afectadas polas obras. O prazo de execución previsto é de 5 meses para a correcta terminación das obras.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.