Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 27 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Salvaterra prepara as actividades conmemorativas con motivo do 28 de xuño

O 28 de xuño celébrase o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ e co obxectivo de concienciar sobre a diversidade, igualdade, tolerancia e o respecto cara este colectivo un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño únese a estas reivindicacións con diferentes accións.

 

 

Como en anos anteriores, a bandeira LGTBIQ+ está colgada no balcón do Concello para dar visibilidade e animar a loitar por unha sociedade máis xusta e para recalcar o dereito a amar libremente.

 

Por outra banda, dentro desas acción que se levarán a cabo para conmemorar esta data haberá dúas actividades na Biblioteca Municipal. En primeiro lugar durante toda a xornada do 28 de xuño aquelas persoas que se acheguen á Biblioteca poderán deixar a súa mensaxe ou debuxo nun paraugas coas cores representativas.

 

Ademais contaremos cun contacontos “Orellas de Bolboreta” onde tódolos nenos e nenas escoitarán un relato sobre a diversidade e a continuación elaborarán a súa bolboreta que despois farán voar no exterior. O contacontos terá lugar ás 10:00 e ás 18:00 horas e para participar deberán inscribirse no correo biblioteca@concellodesalvaterra.org

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.