MOS
A Xunta reforza o equipamento dos GES de Mos cun furgón de servizos varios
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, entregoulle o material ao concelleiro de Emerxencias mosense, Leo Costas, que se achegou a recollelo a Santiago de Compostela acompañado polo Coordinador do Servizo Municipal de Emerxencias, Rodrigo Iglesias, e polos membros do GES de Mos
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, realizou unha nova entrega de equipamento a Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), da que se beneficia o Concello de Mos e en consecuencia o GES de Mos. A actuación está cofinanciada pola Unión Europea, a través do programa Feder de Galicia. Ao acto de entrega tamén acudiron o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, que acompañaron na recollida ao concelleiro mosense de Emerxencias, Leo Costas, ao Coordinador do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos, Rodrigo Iglesias, e aos membros integrantes do GES de Mos.
A partir de agora o GES mosense conta cun novo vehículo todoterreo 4x2, cun custe de 115.000 euros, que será de utilidade en primeiras saídas en intervencións, sobre todo en zonas de difícil acceso, e na extinción de pequenos incendios. Co obxectivo precisamente de atender este tipo de incidencias vai equipado con material de sinalización e emerxencias e cun kit de material de rescate en altura. O vehículo permitirá mellorar a eficacia das intervencións do grupo nos concellos de Mos, Pazos de Borbén e Soutomaior.
Diego Calvo lembrou o importante esforzo realizado pola Xunta nos últimos anos para dotar os efectivos dos servizos de emerxencias dos concellos galegos dos recursos necesarios co obxectivo de que poidan levar a cabo as súas actuacións en condicións de seguridade, contribuíndo ademais a unha maior eficacia na atención das incidencias e nos seus tempos de resposta.
A entrega forma parte do reforzo de dotacións impulsado pola Xunta para apoiar o labor dos GES.
Máis de 27M€ investidos nos últimos anos
O investimento só en equipamento para servizos de emerxencias municipais da comunidade, tanto GES como Protección Civil, supera os 27 millóns de euros nos últimos anos. Ademais, segundo aclarou o conselleiro de Presidencia, o Goberno galego asume máis da metade do custo anual dos GES e dos consorcios provinciais contra incendios e salvamento, pese a tratarse dunha competencia local. Tamén financia os gastos de mantemento das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil a través dunha orde anual dotada de máis de 340.000 euros e que este ano beneficiou 191 entidades.
A colaboración da Xunta garante que os GES sigan prestando servizo público en materia de emerxencia, protección civil e prevención de incendios forestais. Neste sentido, os grupos teñen competencia para intervir en incendios -tanto urbanos como forestais-, para definir e manter as redes de faixas de xestión da biomasa de prevención e para levar a cabo prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, para crear descontinuidades da cuberta vexetal. Tamén fan prevención naqueles camiños e espazos públicos que poidan ao mesmo tempo servir de cortalumes.
Ademais, seguirán coa realización de actuacións de prevención da vespa velutina por seguridade da poboación, tales como o control e retirada de niños, entre outras actuacións. Continuarán intervindo en situacións de risco e emerxencia para manter a rede se estradas, mediante a súa limpeza a retirada de obxectos, especialmente no caso de accidente. Tamén poderán actuar no caso de situacións derivadas de riscos naturais, nevaradas, inundacións, temporais, xeadas, choivas intensas, sismos, derrubamentos, corrementos de terra e situacións de seca, entre outros traballos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22