GALICIA
A Xunta apoiaros concellos de menos de 20.000 habitantes para dixitalizar o abastecemento
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático visitou a estación depuradora de augas residuais da Pobra do Caramiñal
A Xunta lanzou un concurso para apoiar os concellos de menos de 20.000 habitantes que queiran dixitalizar as súas redes de abastecemento en alta e optimizar así o uso da auga controlando en tempo real a súa calidade.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou a estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Pobra do Caramiñal, onde explicou que o Diario Oficial de Galicia publica unha resolución de Augas de Galicia pola que se aproban as bases reguladoras para a selección dos concellos interesados no desenvolvemento, implantación e posta en marcha dunha rede autonómica de estacións dixitais para facer un seguimento continuo dos seus sistemas de abastecemento.
Este procedemento, detallou, é a primeira vez que se pon en marcha en Galicia e supón ofrecer aos Gobernos locais a posibilidade de replicar un modelo de dixitalización das infraestruturas hidráulicas que xa está implantado na práctica totalidade das estacións depuradoras que xestiona o Executivo galego, como é a da Pobra do Caramiñal. Deste xeito, os concellos disporán de ferramentas coas que xestionar en tempo real e en remoto os sistemas de abastecemento en alta da súa titularidade.
O concurso promovido pola Xunta, dotado cun orzamento de preto de 5,8 millóns de euros cofinanciados poia Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-NextGenerationEU, está dirixido aos concellos de menos de 20.000 habitantes con sistemas municipais de abastecemento de auga en alta incidindo en sistemas de distribución de auga potable como as captacións, depósitos e estacións de tratamento (ETAP) de titularidade pública. Os municipios incluirán na súa solicitude -que poden presentar ata o 29 de xullo- as infraestruturas nas que queren actuar, podendo actuar tamén nas conducións que conectan estas instalacións e as redes de distribución en alta, antes do inicio da subministración aos usuarios.
Ángeles Vázquez explicou que a idea de Augas de Galicia é comezar coa dixitalización das redes de abastecemento -que é ao que os municipios conceden maior importancia e onde as tecnoloxías existentes están máis maduras- pero, en función da acollida desta convocatoria, a idea é seguir dixitalizando infraestruturas do ciclo da auga continuando co resto do sistema de abastecemento ou pasando aos de saneamento ou depuración.
Avaliación
Unha vez completado o proceso de selección dos concellos beneficiarios, o Executivo galego realizará un diagnóstico dos sistemas de abastecemento municipais, instalará os equipamentos dixitais e conectaraos a unha aplicación informática para facilitar a xestión municipal destas infraestruturas.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático lembrou que a aposta da Xunta pola dixitalización das infraestruturas do ciclo da auga busca garantir a prestación duns servizos eficaces e eficientes optimizando o uso da auga e preservando a súa calidade en tempo real, tal como se fixo na práctica totalidade das depuradoras xestionadas directamente por Augas de Galicia.
Neste sentido, esas EDAR contan con sistemas automatizados de supervisión para controlar dixitalmente os principais parámetros de funcionamento da planta así como con equipamentos independentes de control continuo da calidade da auga depurada, que miden e rexistran en tempo real a turbidez da auga de saída e outros sinais para o seguimento da calidade tales como o caudal ou a condutividade.
A maiores, Augas de Galicia está desenvolvendo unha nova plataforma para a monitorización en remoto e en tempo real das infraestruturas de saneamento que permite a recollida en continuo de datos de diferentes fontes relevantes para coñecer o estado dos procesos e posibles desviacións mediante un elevado número de sinais dos sensores, do estado dos equipamentos ou do control enerxético.
EDAR da Pobra
A depuradora que visitou Ángeles Vázquez implantou sistemas dixitalizados para a detección de verteduras e para a xestión e optimización do proceso de depuración obtendo o maior rendemento posible. De feito, a maiores dos principais equipamentos instalados nas EDAR xestionadas por Augas de Galicia, nos dous últimos anos introducíronse nesta infraestrutura melloras específicas coas que facer un mellor seguimento e control da calidade das augas.
Esta instalación púxose en marcha no ano 2003 e está deseñada para unha poboación de 30.000 habitantes equivalentes dando servizo a varios núcleos da Pobra do Caramiñal, a dous parques empresariais da zona e a outros establecementos industriais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60