VIGO
A delegada da Xunta en Vigo destaca a mellora da seguridade na estrada Pereiró - Valadares
Ana Ortiz fixo unha visita aos traballos que rematarán este venres no barrio vigués tras realizar diferentes actuacións en sete quilómetros
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, supervisou o avance das obras de mellora da PO-330 (Vigo-Vincios), que rematarán este venres no cruce situado á altura de Pereiró. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste un total de 1,8 millóns na humanización e mellora da seguridade da estrada entre Pereiró e Valadares, que implica nove actuacións en sete quilómetros.
A representante autonómica destacou que xa están a punto de rematar as obras na contorna de Pereiró, urbanizando un treito de 450 metros, entre a rotonda que está fronte ao cemiterio e serve de enlace do vieiro da universidade. “O obxectivo é a convivencia harmónica entre condutores e peóns nunhas zonas moi urbanas, atendendo ás demandas de veciños e comerciantes da contorna”, sinalou Ortiz durante a visita.
A actuación da Xunta engloba outras accións como a sinalización horizontal ou elementos físicos para reforzar a seguridade noutras interseccións (en As Carneiras, Carregal e O Portal) e as melloras de accesibilidade ou a reparación de beirarrúas onde sexa necesario.
O pasado mes de setembro xa finalizou a construcción da nova rotonda de 28 metros de diámetro en Valadares que permite unha mellora do acceso aos distintos equipamentos (piscina, pavillón, AAVV) e un cambio de sentido no vial.
Ademais, tamén esta acabado un novo ramal de acceso á Escola de Educación Infantil Monte Alba, desde a nova glorieta. Así mesmo, executáronse muros de contención e novas beirarrúas na contorna, completando, e dando continuidade así, á beirarrúa existente na marxe esquerda, cun ancho mínimo de dous metros.
Da mesma maneira, fresouse o asfalto actual e repúxose cunha nova capa de rodadura, ademais de actualizar tanto a sinalización vertical como horizontal para adaptala á nova ordenación da intersección. Tamén se instalaron novos puntos de luz para mellorar a iluminación do ámbito.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129