Martes, 09 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 30 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Este domingo 30 de xuño 140 cativos de 35 concellos participan nos campamentos da Lanzada

Durante seis días os pequenos desfrutarán nas instalacións do Grove dun amplo programa con actividades educativas, culturais, deportivas e formativas

Os campamentos da Lanzada da Deputación de Pontevedra reunirán na súa segunda quenda e a partir deste domingo, 30 de xuño, a 140 nenos e nenas de 35 concellos da provincia. Ao longo de seis días, ata o sábado 6 de xullo, os cativos poderán desfrutar do seu tempo de lecer a través de actividades de carácter educativo, cultural, deportivo e formativo. Neste verán e ata o 7 de setembro, serán en total 1.540 menores de 57 concellos da provincia os que participen nas once quendas en que se dividen os campamentos.

 

 

Os rapaces que chegarán esta semana ás instalacións que a Deputación ten no Grove (nados entre 2011 e 2016), proceden de Vigo (29), Pontevedra (13), Vilagarcía de Arousa (10), Marín (9), Moaña (7), Redondela (7), Ponteareas (6), Baiona (5), Lalín (4), Vilanova (4), Cambados (3), A Estrada (3), A Guarda (3), Ribadumia (3), Salvaterra de Miño (3), Silleda (3), Cerdedo-Cotobade (2), Gondomar (2), Mondariz (2), Mos (2), As Neves (2), Nigrán (2), O Rosal (2), Salceda de Caselas (2), Tomiño (2), Campo Lameiro (1), Cangas (1), Cuntis (1), Forcarei (1), Oia (1), Poio (1), O Porriño (1), Sanxenxo (1), Soutomaior (1) e Tui (1).  

 

Os nenos e nenas do campamento poderán desfrutar dun amplo programa de actividades de multiaventura e tempo libre, algunhas delas en lingua inglesa, entre as que se atopan xogos e deportes, actividades na praia, ao aire libre relacionadas co medio natural, artísticas e nocturnas, teatro e contacontos e baile e actividades culturais. Ademais, realizarán un obradoiro para elixir a mascota oficial deste programa provincial e visitarán a Illa de Ons e realizarán unha segunda excursión cultural, deportiva ou relacionada coa natureza e o coidado do medio ambiente.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.