GALICIA
A Xunta convoca as axudas para que os obradoiros artesáns abran novos mercados
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento da comercialización da artesanía, cun orzamento de 265.000 euros
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento da comercialización da artesanía que, neste 2024, incrementa o seu apoio aos obradoiros artesáns para que poidan asistir a feiras de calquera ámbito territorial e abrir novos mercados ao tempo que incrementan as súas vendas e aseguran a viabilidade dos seus proxectos empresariais. Así, dos 265.000 euros de orzamento cos que conta esta orde, 180.000 euros (case un 68%) están destinados aos artesáns e artesás de Galicia.
En concreto, a Xunta apoia a asistencia a feiras profesionais ou non profesionais de artesanía, de ámbito nacional e internacional, por parte de obradoiros artesáns da nosa Comunidade, financiándolles cuestións como o alugueiro do espazo expositivo, seguros, servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados polo regulamento das feiras, servizos de tradución e transporte profesional do material expositivo, entre outros.
Os obradoiros beneficiarios poderán recibir unha subvención máxima de 8.000 euros a través de tíckets por feira que irán dos 400 euros de mínimo en feiras non profesionais aos 3.000 euros de máximo en feiras profesionais, pasando polos 1.500 euros para feiras de Nadal.
Así mesmo, outórganse axudas a concellos e asociacións profesionais ou empresariais de artesáns e artesás para que organicen feiras en Galicia que poñan en valor os distintos oficios ao tempo que os obradoiros implicados aumentan vendas. En concreto, subvenciónanse gastos de infraestrutura, servizos feirais e de publicidade, entre outros.
Os concellos poderán recibir unha axuda máxima de 15.000 euros, sendo esta a cantidade fixada para as feiras monográficas de artesanía. Se non son monográficas, o importe varía segundo os obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia que participen. No caso das asociacións de artesáns, poden chegar aos 18.000 euros de achega con feiras de 30 obradoiros involucrados e tamén poden optar a apoios para manter as súas páxinas web, maiores segundo o número de inscritos de Artesanía de Galicia que representen.
Canto ao prazo de solicitude, arranca mañá e prolongarase ata o próximo luns 29 de xullo incluído.
Cómpre engadir que o ano pasado beneficiáronse desta convocatoria un total de 78 entidades, practicamente a totalidade delas obradoiros artesáns que puideron grazas ás achegas asistir a feiras nacionais e internacionais para impulsar os seus proxectos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129