GALICIA
Fabiola García anuncia a instalación de puntos lila e arcoiris nos principais festivais do verán
A conselleira de Política Social e Igualdade respondeu a unha pregunta oral sobre loita contra a LGTBIfobia
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, respondeu onte a unha pregunta oral no Parlamento sobre a loita contra a LGTBIfobia. Durante a súa intervención, anunciou que a Xunta de Galicia instalará puntos lila e arcoiris nos principais festivais do verán: Portamérica (Portas), Festival Internacional do mundo celta de Ortigueira, Atlantic Fest (Vilagracía de Arousa), Morriña Fest (A Coruña), Río Verbena (Pontevedra) e Caudal Fest (Lugo).
Fabiola García destacou a boa acollida do punto lila e arcoiris do Son do Camiño, en Santiago, que foi o primeiro festival en contar con este servizo. Froito desta experiencia, outros seis eventos das mesmas características contarán con cadanseu punto con actividades para promover a igualdade entre os asistentes, ademais de ofrecer atención especializada e continuada por parte de psicólogas e sexólogas para previr e actuar ante posibles agresións sexuais e LGTBIfóbicas.
Un obxectivo que tamén se persegue nos locais de ocio nocturno. No marco do Protocolo de actuación nestes espazos, máis de medio cento de profesionais do sector xa recibiron a formación necesaria para previr, detectar e responder ante estas situacións e ofrecer ás posibles vítimas a asistencia que necesitan, evitando así a súa revitimización.
A conselleira lembrou que Galicia foi pioneira en 2014 coa aprobación da primeira lei autonómica contra a discriminación das persoas homosexuais, transexuais, bisexuais e intersexuais. Dende entón, asegurou, o compromiso da Xunta de Galicia con esta causa non fixo máis que intensificarse, cunha nova Lei de igualdade ou a posta en marcha do servizo 028 Arco da Vella.
Fabiola García apuntou, ademais, que dende o ano 2009 o Goberno galego multiplicou por catro o orzamento en materia de igualdade, que este ano ascende ata os 54 millóns de euros. Con respecto ao ano pasado, a Xunta duplicou a partida destinada a apoiar o movemento asociativo LGTBI, a impulsar o Observatorio Galego contra a Discriminación por Orientación Sexual e Identidade de Xénero, e a reforzar a atención ás persoas LGTBI a través dos CIM, os Centros municipais de Información á Muller.
Fabiola García recoñeceu que aínda queda moito por facer na defensa dos dereitos das persoas homosexuais, bisexuais, transexuais e intersexuais e na loita contra calquera tipo de discriminación, pero garantiu o compromiso da Xunta de Galicia con esta causa apostando por máis investimento, máis protección legal, máis sensibilización e máis visibilidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60