DEPORTES
Dano Cerebral Galicia organiza o 6 de xullo en Vilaxoán a II Travesía a Nado
Organización e Concello de Vilagarcía presentaron a proba
Subliñando o compromiso do Concello que preside “co deporte inclusivo” e con esta “actividade solidaria” finalizou a intervención de Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía de Arousa, na presentación da 2ª Travesía a Nado Polo Dano Cerebral.
Unha actividade deportiva inclusiva e solidaria que vai ter lugar na Praia do Preguntoiro, en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), na tarde do sábado, 6 de xullo, e para a que aínda está aberta a inscrición, que se tramita na web CCNorte -ata este domingo ás 23:59-.
A presentación comezaba coa intervención de Carlos Coira, presidente da Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía, que tamén manifestou o apoio da súa localidade a esta actividade bianual, na que indicou que vai ser unha das persoas participantes.
Unha Travesía para a visibilidade e inclusión
A continuación foi a quenda do presidente de Dano Cerebral Galicia, quen agradeceu a todas as partes a súa presenza, salientando que a entidade “non dubidou” á hora de escoller Vilagarcía para repetir como escenario da Travesía. Fernández tamén quixo destacar que a Asociación Arousaman – Arousawoman Manolo O Nacho “abriunos a porta dun deporte como o nado en augas abertas”, que está a ter “tanto éxito entre as nosas asociacións”.
O presidente de Dano Cerebral Galicia detallou que os obxectivos da entidade son “dar visibilidade ao dano cerebral adquirido” e tamén promover uns hábitos de vida saudable a través do deporte; fundamentais para a prevención das causas desta discapacidade, especialmente do ictus.
Luciano Fernández quixo lembrar tamén que se trata dunha proba deportiva inclusiva, na que haberá ata 15 nadadores e nadadoras con dano cerebral adquirido.
Unha milla náutica que iguala
Juan Ramón Martínez, presidente de Arousaman – Arousawoman, sinalou a seguir que xa se superaron as cifras de inscrición na primeira travesía, e que hai case 70 nadadores e nadadoras inscritas, dentro das que se contan as 15 con dano cerebral. “A auga iguala”, e sábeo ben, ao ser un dos instrutores de natación das persoas usuarias das asociacións de Dano Cerebral Galicia.
Lembrou que o prazo para anotarse está aberto e que se pode nadar, coa mesma cota de inscrición, 900 ou 1.800 metros -unha milla náutica-.
Martínez puxo de manifesto unha vez máis a satisfacción dos membros de Arousaman – Arousawoman por acompañar aos nadadores e nadadoras con dano cerebral adquirido, como é o caso de Laura Sosa, sobre a que amosou a sorpresa ao saber que non sabía nadar nin antes de comezar este proxecto nin antes do ictus que lle causou a discapacidade.
Precisamente foi Sosa a seguinte en intervir en representación das nadadoras e nadadores con dano cerebral adquirido. “invito a todas as persoas que están pasando por unha situación así [a irrupción do dano cerebral na súa vida] a pensar que non todo remata aí, senón que todo comeza aí”. A súa experiencia dille que “cando tes un ictus queres pecharte na casa”, pero animou a non deixarse vencer e participar en programas como os que a ela lle ofrece Sarela, a asociación de dano cerebral de Compostela, e que lle abriron a porta á natación en augas abertas.
Adestramento público este sábado
Os nadadores e nadadoras con dano cerebral adquirido que participan na Travesía estarán este sábado, 29 de xuño, nun adestramento en condicións reais na Praia do Preguntoiro. As 15 persoas que estarán na Travesía levan tamén desde setembro adestrando na compañía dos membros de Arousaman – Arousawoman grazas a un proxecto de natación adaptada impulsado por Dano Cerebral Galicia.
Tralos adestramentos en piscina, onde aprenderon técnicas de relaxación, respiración, flotación e natación adaptados ás súas secuelas, pasaron a facer probas en augas abertas. Este sábado entrarán no mar arredor das dez da mañá, no que será o ensaio xeral da Travesía do 6 de xullo.
Nadadores e nadadoras e representantes de Arousaman – Arousawoman están dispoñibles para os medios de comunicación na mesma Praia do Preguntoiro, coa seguinte previsión de horarios: chegada ás 9:15; entrada na auga arredor das 10:30; saída da auga entre as 11:30 e as 12:00; retirada arredor das 12:30. Aínda que durante todo o tempo haberá persoas dispoñibles para entrevistas, desde a organización agradecemos, na medida do posible, a confirmación de asistencia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129