Viernes, 07 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 29 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

Mos investe preto de 130.000 euros en dous muros de contención en Tameiga e Pereiras

As obras acometerase grazas a unha subvención da Deputación de Pontevedra ao abeiro da Liña 1 de Investimentos do Plan + Provincia 2024

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o seu tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, informaron nesta semana de que lle vén de ser concedida á administración local mosense unha subvención ao abeiro do Plan + Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra, na liña 1 – investimentos, do mesmo, por importe de 127.315,67 euros; e co obxecto de acometer sendos muros de contención nos Camiños da Míllara en Gándara parroquia de Tameiga e da Muralla en A Furna Casalmorto, parroquia de Pereiras.

 

 

Os representantes municipais, Arévalo e Grandal, informaron de que “as obras previstas neste proxecto demostran a aposta deste goberno local pola seguridade viaria, que vén sendo unha constante nas últimas lexislaturas, durante as que vimos desenvolveno cada ano un Plan Anual de Mellora de Camiños e Estradas Municipais”. Así, apuntaron tamén que se levará a cabo a execución dun muro no Camiño da Míllara de lonxitude 58 metros e altura variable, sendo a media de 2,5 metros; e doutro muro no Camiño da Muralla, de lonxitude 41 metros e altura media de 4,3 metros.

 

Previo á execución dos muros realizaranse actuacións tales coma limpeza e desbroce, desmontaxe e retirada de postes de viña e outros servizos afectados pola traza, movementos de terras e retirada de entullos.

 

As obras de acometida de ambos muros consistirán na instalación de estruturas a base de mampostos de granito Rosa Porriño e disposición de medios de protección con banda tipo bionda.

 

O investimento total a realizar no muro do Camiño da Míllara ascende a 54.658,80 euros e no muro do Camiño da Muralla a 72.565,88 euros.

 

O prazo de execución previsto é de 6 meses, 3 meses para cada un dos muros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.