REDONDELA
A delegada da Xunta aposta por consolidar o Kitefest de Cesantes
Ana Ortiz participou na presentación da proba que se celebrará do 5 ao 7 de xullo na praia redondelana de Cesantes
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou na presentación da sétima edición do KiteFest de Cesantes que terá lugar entre os vindeiros 5 e 7 de xullo. A representante autonómica destacou que estas tres xornadas lúdicas e didácticas orientadas ao kitesurf xa están “consolidadas en tempo récord como un atractivo do verán” en Redondela.
Ana Ortiz destacou que o KiteFest Cesantes xa está consolidado como un dos eventos de referencia do deporte en España e converteuse no máis multitudinario da zona norte da península, polo que o obxectivo da organización será seguir crecendo como evento e situar á ría de Vigo como “referente internacional” deste deporte.
Igualmente, explicou que ademais de ofrecer unhas “imaxes inigualables”, o evento tamén fomenta “unha fin de semana de convivencia e entretenemento” tanto para practicantes como para os espectadores. “Este é un valor engadido que debemos apoiar polo que supón para difundir os valores do deporte, ademais das actividades destinadas exclusivamente aos participantes”, sinalou.
Nesta nova edición do evento, o KiteFest volverá ser puntuable para o circuíto galego da Real Federación Galega de Vela, contando coas modalidades de twintip, surf kite, foil e wingfoil.
Durante o acto de prensentación en Cesantes tamén participaron a diputada provincial Sandra Bastos, a concelleira Rita Pérez, o presidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde; o presidente do club organizador TMKite Club, Ricardo González, e José Miguel Martín, director de oficina de Abanca en Redondela.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129