Miércoles, 10 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 01 de Julio de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

As obras do instituto IES Valle Inclán de Pontevedra recibirán un novo impulso este verán

O director territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez, presidiu a reunión da comisión de seguimento dos traballos, que avanzan a bo ritmo

O director territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional na provincia de Pontevedra, César Pérez Ares, participou fai uns días na reunión da comisión de seguimento das obras do instituto IES Valle-Inclán, de Pontevedra, onde se analizou o avance dos traballos co fin de que todas as aulas estean operativas para o inicio do curso escolar en setembro.

 


Segundo expuxeron os técnicos que participaron na xuntanza, nestes momentos xa están rematadas as obras das cubertas planificadas para a primeira e a segunda fase, o que supuxo actuar nunha superficie de 1.700 metros, que representa o 74% dos 2.300 metros totais de teito.


Agora durante a época estival estanse desenvolvendo as actuacións das cubertas previstas nas fases terceira e cuarta. Paralelamente, no interior do edificio estase traballando na segunda e terceira fase e desde a próxima semana comezarase coa montaxe da carpintaría exterior ata completar todas as fachadas do centro.


Por outra parte está previsto que a próxima semana se proceda á retirada de todas as pizarras e conexións dixitais das aulas móbiles do exterior e posteriormente, iniciar a desmontaxe das mesmas co obxectivo de que a mediados de xullo quede xa libre o espazo frontal do instituto. Xa en setembro, coas aulas completamente habilitadas e reformadas, iniciaranse as obras da zona administrativa do centro.


A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional inviste un total de 4,7M€ nesta rehabilitación integral da que é a maior obra que se está realizando nestes momentos nun centro educativo galego. A intervención arrancou a mediados de setembro do ano pasado e prevese que estea totalmente rematada a comezos de 2025.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.