PONTEAREAS
O Goberno fala de "xestión e compromiso con Ponteareas" neste primeiro ano
No primeiro ano de goberno conseguimos aprobar o orzamento en tempo e forma, xustificar ao 100% os fondos europeos, abrir o Centro de Emprendemento, ter unha sede da extensión da UNED e Residencia de Artistas e pór en marcha a transformación da praza de abastos en biblioteca.
O goberno de Ponteareas deu conta en rolda de prensa do seu primeiro ano de goberno de lealdade e respecto entre socios e coa cidadanía de Ponteareas, así resumía alcaldesa e primeiro tenente de alcaldesa estes 365 días de traballo.
Xestión e compromiso son as claves para lanzar os máis de cincuenta feitos cumpridos. “Da deixadez ao cariño”, o goberno de Nava Castro e Juan Carlos Carrera pensa que esta é a fórmula para o cambio que está experimentando Ponteareas. Cun orzamento de vinteún millóns de euros e o apoio para investimentos da Deputación e da Xunta de Galicia e 23.500 habitantes aos que dar servizos, o goberno de Ponteareas conseguiu aprobar un orzamento para 2024 en tempo e forma, rematar edificios para usos públicos como o Centro de Emprendemento; facer de titularidade municipal a nave de Aceros del Tea futuro mercado municipal; implantar un Programa Integrado de Emprego para 100 beneficiarias/os e conseguir en tan só seis meses de un 40% de inserción; desenvolver o Plan Xeral para facer viable e dar seguridade garantía ao solo industrial da Lomba; conseguir fondos e redactar o proxecto para a nova escola infantil; a mellora enerxética da residencia de maiores; crear unha nova ludoteca; remodelar os vestiarios de Pardellas; reparar a cuberta dos dous pavillóns municipal e da piscina; un campo de tiro, incrementar as axudas para as traídas de augas; adxudicar a primeira fase de saneamento de Ribadetea; duplicar a partida para baleirado de fosas sépticas; obter a bandeira de Sendeiro Azul para a Freixa e o certificado de Vilas en Flor; ter unha sede da extensión da UNED e unha residencia de Artistas; melloras nos centros educativos, recuperar a oficina de información xuvenil; facer realidade un novo centro de saúde ou reforzar os servizos de atención temperá así como dotar o campo de fútbol de San Mateo de novo céspede.
“Pequenos e grandes proxectos pero todos eles de igual importancia porque para nós o primeiro son as persoas e as súas necesidades. Temos a responsabilidade de facer todo o posible para dar calidade de vida. O noso papel é buscar os apoios, planificar e buscar os recursos para dar solucións. A cidadanía confiou en nós e traballamos cada día para que Ponteareas sexa un lugar mellor no que vivir”, sinala a alcaldesa.
O primeiro tenente de alcaldesa asegurou que “por fin Ponteareas ten normalidade e todo iso é porque existe unha atención directa, unha ampliación de recursos humanos que atenden as necesidades da cidadanía e aos que lles dou as grazas polo seu traballo, temos relación fluída con todas as administracións e gobernamos para todas e todos”. Palabras que sustenta en feitos como o millón e medio detrás da primeira fase de saneamento de Ribadetea; os 500.000€ para o obradoiro de emprego; o programa de inserción de poboación inmigrante, etnia xitana e colectivos en riscos con 500.000€; a primeira licitación do subministro de electricidade con 800.000€; 200,000€ da nova ludoteca; 1.200.000 para facer realidade a nova escola infantil; un investimento de 1.250.000€ para dar servizo ao emprendemento no CEDEP; 220.000€ para promover o emprego co Programa Integrado de Emprego e novos edificios municipais como Aceros del Tea cun investimento de 900.000€ salientan en cuestión de infraestruturas e novas dotacións.
“Ademais, da ampliación da dotación de Policía Local coa suma de catro novos axentes que traballarán para ser unha policía social e de incrementar de 3 a 5 profesionais no servizo de garda de Bombeiros. Agora podemos axudar porque temos recursos e ese é o motivo polo que temos moitas solicitudes para celebrar probas ou actividades na nosa vila, exemplo diso é o Festival Afluente que se presenta este sábado e que traerá a Ponteareas a milleiros de mozas e mozos porque este Concello se encargou de limpar e acondicionar espazos nos que poder desenvolver esta e outras moitas actividades, iso é xestión e iso vai moito máis aló dos números, é cuestión de vontade”, engade Juan Carlos Carrera.
Nisto mesmo coincide a alcaldesa que insiste en pór a diario empeño e ilusión en resolver e mellorar porque iso é o que “fai vila, o que nos une, o que nos fai estar a gusto e orgullosos”. Engade a alcaldesa que detrás de todo está a planificación integral, a vista a longo prazo e deseñar cada espazo como parte de un todo, “protección e coidado do medio ambiente porque temos un patrimonio natural privilexiado que nos facilita espazos para o deporte ao aire libre, para o paseo, para o encontro. En sintonía con isto corresponde ter un centro urbano verde, agradable con comercio local, con mobiliario urbano axeitado, con propostas de actividades de lecer e formativas, con espazos para emprender e traballar en rede, que atraia a investigadores, a turistas e tamén ao tecido empresarial”. Exemplo desta dinámica para reactivar a vida en Ponteareas son iniciativas tan exitosas como Talento Xove ou Saborotea no que promover a participación de toda a cidadanía con actividades transversais.
Na axenda de traballo está o cámping da Freixa como recurso turístico que dinamizará Ponteareas e o resto das vilas do Condado Paradanta, ao igual que a posta en marcha da Residencia de Artistas pública e multidisciplinar, a sede da UNED ou o novo mercado municipal que son exemplos de servizos de alcance comarcal que asume Ponteareas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60