MUNDO EMPRESA
A Xunta galardoada pola creación do Consello Galego de Seguridade Industrial
O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, recolleu fai uns días un premio que recoñece o compromiso da Xunta coa creación do Consello Galego de Seguridade Industrial que se constituirá a vindeira semana. O secretario xeral recibiu o galardón durante a celebración dunha Gala benéfica organizada polo Colexio de Mediadores.
O Consello Galego de Seguridade Industrial funcionará como canle de comunicación entre os axentes públicos e as entidades privadas e articulará medidas para a prevención e a mellora de riscos nas instalacións industriais, ademais de analizar posibles melloras dos contratos de aseguramento nas industrias, entre outras cuestións.
A seguridade industrial comprende aquelas actividades de prevención e limitación de riscos, ou protección contra accidentes e sinistros que poden producir danos e perdas ás persoas, os bens ou o medio ambiente, derivados da actividade industrial ou do uso, funcionamento e mantemento das instalacións ou dos equipos e da produción, almacenamento ou refugallo de produtos industriais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129