TUI
Aprobado o proxecto de trazado do desdobramento da PO-552 en Figueiró, no concello de Tomiño
Coa aprobación deste proxecto complétase todo o trazado da vía de alta capacidade, despois de que no mes de febreiro se aprobara o treito entre a PO-350 e Estás
O Consello da Xunta acordou avanzar no impulso da autovía Tui-A Guarda coa aprobación hoxe do proxecto de trazado do desdobramento da estrada PO-552 en Figueiró, no concello de Tomiño. Coa aprobación deste proxecto complétase todo o trazado da vía de alta capacidade, despois de que no mes de febreiro se aprobara o treito entre a PO-350 e Estás.
O Executivo autonómico autorizou tamén hoxe o proxecto de trazado de adaptación dos camiños de servizo previstos na reformulación do proxecto para converter en autovía o treito de 2,1 quilómetros da estrada PO-552, no tramo comprendido entre o acceso ao núcleo de Estás -na que comeza o treito da vía de alta capacidade entre Tui e A Guarda, actualmente en servizo- e a glorieta de Goián.
O Goberno galego destinará a esta actuación un investimento que supera os 11,5M€ co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e a mobilidade da PO-552 na denominada recta de Figueiró, que soporta uns 14.700 vehículos de media diaria, contemplando unha glorieta intermedia que conecte coa parroquia do mesmo nome.
A aprobación definitiva destes proxectos leva tamén aparellada a declaración de utilidade pública, pola que se dispón a urxente ocupación dos 125 terreos necesarios para executar esta intervención.
A intervención autorizada hoxe por parte do Goberno galego permitirá actuar no treito da actual vía autonómica, entre os puntos quilométricos 57+760 e o 59+860, desde a glorieta proxectada en Estás e a existente en Goián na que enlazan a PO-552, o treito en servizo da vía de alta capacidade Tui que conecta coa Guarda e a ponte internacional de Goián – Vilanova de Cerveira.
Esta autovía contará con 2 carrís de circulación para cada sentido, con dúas calzadas separadas entre si e con acceso limitado para reforzar a seguridade viaria, habilitando pasos inferiores e camiños de servizo desde as propiedades lindantes.
Executaranse 3 glorietas para permitir os xiros en condicións de máxima seguridade: a glorieta de Goián, a de Figueiró e a de Estás e realizarase un ramal directo de incorporación desde a estrada autonómica PO-553, que vai desde Goián á fronteira portuguesa, ademais dun ramal directo de conexión co treito xa en servizo da vía de alta capacidade entre Goián e A Guarda.
A tramitación das actuacións proxectadas requiriu de dous períodos de información pública debido á necesidade de recoller as suxestións tanto dos veciños como do propio concello de Tomiño. De feito, deste proceso de concertación o propio Concello veu a oportunidade de desenvolver un polígono agroforestal apoiándose no vial desdobrado, e o proceso de coordinación de ambas actuacións fixo necesario un maior tempo de tramitación, de modo que casasen perfectamente ambas iniciativas.
Todos os novos camiños e conexións no ámbito do proxecto terán a categoría de rede local; excepto o treito que se desdobra da PO-552 a as súas glorietas de conexión, que formarán parte da rede autonómica, xa que forman parte directa da conexión coa República Portuguesa.
185M€ para vertebrar o baixo Miño
O Goberno galego, no marco da súa política de conseguir unha Galicia mellor vertebrada, máis cohesionada e máis competitiva, segue traballando para que esta nova autovía Tui – A Guarda sexa unha realidade avanzando tanto dende o punto de vista administrativo, culminando a tramitación dos proxectos, como material, coa posta en servizo do enlace coa A-55 e o polígono de Areas no mes de febreiro.
Exemplo deste traballo é a contratación das obras para a adaptacións das vías situadas na contorna deste enlace á nova configuración da circulación desta nova conexión da autovía. As obras veñen de ser adxudicas este pasado venres, día 28, por máis de 955.000 euros. Trátase de actuar no treito da N-551 que discorre entre as interseccións do antigo enlace da autovía e que pasará a ser de titularidade autonómica, construíndo beirarrúas, reordenando o aparcadoiro ou colocando nos vaos peonís pavimento táctil. Esta obras comezarán previsiblemente na segunda quincena de xullo.
Tamén no mes de febreiro o Executivo autonómico aprobou o proxecto de trazado do treito da autovía Tui-A Guarda entre a estrada PO-350 e Estás, no concello de Tomiño. Este proxecto suporá un investimento autonómico de máis de 78 M€ e permite desenvolver un novo tramo da autovía, que avanza polo concello de Tomiño, continuando a mellora da mobilidade da comarca do Baixo Miño.
Ademais tamén se está a finalizar a redacción do proxecto do treito da autovía entre o enlace de Areas e a estrada PO-350, co obxectivo de prolongar a vía e duplicar o paso inferior de acceso ao polígono, de modo que dea funcionalidade a un enlace completo, tamén en sentido A Guarda. Proximamente iniciarase a supervisión técnica do proxecto, coa previsión de poder licitar as obras a finais deste ano.
Hoxe o Goberno galego, aprobou ademais este proxecto de desdobramento da PO-552 entre Estás e Goián, para completar a autovía ata enlazar co treito 3, xa en servizo.
Considerando todos os treitos, o eixo de alta capacidade para vertebrar o baixo Miño supón un investimento de máis de 180 millóns de euros, dos cales 85 millóns xa están executados.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129