Viernes, 07 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 04 de Julio de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

Mos continúa ampliando a súa rede de saneamento

Acomete un tramo da Estrada Nacional 550 ao seu paso por Louredo co apoio de Augas de Galicia

Continúan as obras de acometida da rede de saneamento no entorno da Estrada N-550 ao seu paso por Louredo. Estes traballos contan co apoio e colaboración da Xunta de Galicia mediante un convenio asinado polas administracións autonómica e local mosense.

 

 

Financiamento

As actuacións subvencionadas a través deste convenio ascenden a un custo total de 22.648,32 €. Augas de Galicia financia o 80% do importe total final da actuación, ata un máximo de 18.118,66 €, con cargo á anualidade 2024. O Concello de Mos asume o 20% restante do importe.

 

Obxectivo

O principal obxectivo destas obras é permitir que o servizo de saneamento chegue á máxima extensión posible do concello. Os traballos consisten na canalización das diferentes tubaxes de PVC destinadas á rede de saneamento, incluíndo todas as operacións complementarias: excavacións, pozos, reposicións e máis. En concreto, levarase a cabo a execución de 187 metros lineais de saneamento na parroquia de Louredo.

 

Detalles

Para a instalación do alcantarillado, realizaranse traballos de demolición e actuacións previas, que inclúen o corte e demolición do pavimento en todos os ramais, onde se prevé repoñer o firme na zona de apertura da zanja. Procederase á excavación da zanja e posterior recheo e compactación da mesma.

 

A conexión da rede de saneamento farase mediante a instalación dun colector de PVC de Ø315, que dotará de saneamento ás vivendas situadas nos marxes das zonas obxecto de estudo e que actualmente carecen deste servizo.

 

Unha vez conectada a rede de saneamento, procederase á reposición da zanja con pavimentación de 20 cm de zahorra e 5 cm de mestura bituminosa en quente tipo D-12. O prazo estimado para a execución das obras é de seis semanas.

 

Estas obras supoñen unha mellora significativa na calidade de vida dos residentes de Louredo, garantindo un entorno máis saudable e sustentable. Ademais, esta infraestrutura é esencial para o desenvolvemento e benestar da comunidade local, permitindo que máis fogares accedan a servizos básicos de saneamento.

 

Estas accións reflicten o compromiso do Concello de Mos e da Xunta de Galicia co desenvolvemento e modernización das infraestruturas locais, traballando conxuntamente para mellorar os servizos e a calidade de vida dos cidadáns.

 
 
 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.