MOS
Abre a Piscina de San Eleuterio en Tameiga
As instalacións deportivas e de lecer ao aire libre abriron onte ao público coa clase de Aquagym do programa ‘Exercítate no verán’
O tenente de alcaldesa, Camilo Grandal, e a concelleira mosense de Deportes, Feli Rodríguez, visitaron onte a piscina ao aire Libre de San Eleuterio que hoxe abriu as súas portas ao público e o fixo coas clases de Aquagym organizadas desde o programa municipal ‘Exercítate no verán’ que desde hoxe se levará a cabo todos os días de luns a venres de 11.00 horas a 12.00 horas.
E é que as instalacións ao aire libre de San Eleuterio, ademáis de estar dispoñibles para o uso libre da piscina, tamén se habilitan para facer exercizo monitorizado nestas dependencias. Así, organízanse estas clases de Aaquagym de balde en grupo.
Por outra banda, a entrada para baño libre ten horario ininterrompido de 12 a 21 horas de luns a venres e as fins de semana (sábado e domingo) e festivos de 12 a 20 horas.
As instalacións contan con servizo de socorrista durante todo o horario de apertura, vestiarios e duchas con auga quente, e servizo de limpieza e mantenimiento durante os dous meses de verán. Os usuarios e usuarias poderán gozar da piscina de San Eleuterio durante os meses de xullo e agosto.
Ademais desde o Concello de Mos lémbrase que dende o pasado 1 de xuño atópanse operativos e abertos ao público os parques de auga municipais. Os Parques da Auga da Pesqueira e de Sanguiñeda están activos todos os días en horario de mañá de 12 horas a 14 horas e de tarde de 16 horas a 21 horas.
Previas á apertura ao público das portas da piscina ao aire libre de San Eleuterio, realizáronse obras de mellora na mesma, tales coma o sistema de cloración e revestimento de poliéster dos vasos da piscina. Para elo instalouse unha bomba dosificadora de cloro, con control dixital. Realizouse a renovación das tuberías de impulsión e aspiración Skinmers. En canto aos vasos das piscinas realizouse unha aplicación de revestimento de poliéster para evitar así o degradado do interior das mesmas. Rematouse o traballo cun pintado de cor azul top coat cerámico.
Para estes traballos o Concello de Mos contou con subvención provincial. Nesta axuda da Deputación incluída no Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas PEID da Deputación de Pontevedra, a administración provincial destinou preto de 100.000 euros para a mellora de varias instalacións deportivas mosenses.
O importe exacto da axuda ascende a 95.288,31 euros para a mellora de diferentes instalacións deportivas municipais entre as que se atopan o Campo de Fútbol de Alfacuca en Louredo, o Campo de Costoias en Tameiga, a piscina ao aire libre de San Eleuterio, o Campo de Fútbol das Baloutas, o Pavillón de Sanguiñeda e o Pavillón de Atín-Cela.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22