Vigo
Deuncian as dificultades para acceder a vivenda das persoas que superan problemas de adiccións en Vigo
A Asociación Érguete alerta da case imposibilidade de acceder a unha vivenda para as persoas que superan os seus problemas de adiccións en Vigo. Segundo a entidade, moitas das persoas usuarias que finalizan o seu proceso de recuperación non atopan fogar debido ao seu pasado ou por estar percibindo a Risga (Renda de Inclusión Social de Galicia).
“A recuperación dunha adicción require un fogar seguro”, indican desde a Asociación Érguete. “É como unha enfermidade crónica: sanas, pero a pantasma da adicción sempre segue aí. Nunca hai unha cura total. Por iso, é fundamental que estas persoas teñan unha vida normalizada cun fogar estable”.
A entidade denuncia que a situación de falta de vivenda é especialmente crítica para as persoas en risco de exclusión. “Se saben que houbo un problema de adicción ou que cobran unha Risga, xa non lles alugan nada”, afirman. Esta discriminación dificulta a integración das persoas recuperadas, limitando as súas posibilidades de atopar un emprego, manter unha rutina saudable e levar unha vida digna. Ademais, vivir na rúa aumenta o risco de recaídas no consumo.
A Asociación Érguete aproveita o Día Internacional da Loita contra o Uso Indebido e o Tráfico Ilícito de Drogas para visibilizar esta problemática. “A falta de vivenda afecta a toda a sociedade, pero nas persoas en risco de exclusión a situación é aínda peor”, subliñan, facendo un chamamento ás administracións para crear máis recursos residenciais que ofrezan oportunidades reais de reinserción.
Actualmente, a Asociación Érguete conta con tres vivendas de acollida en Vigo, financiadas polo Concello de Vigo e a Xunta de Galicia, onde residen case 30 persoas ao ano. Con todo, estes recursos son insuficientes. As persoas usuarias só poden permanecer un ano e a demanda supera a oferta. Ao abandonar estas vivendas, enfrontan obstáculos como os estigmas sociais, a falta de recursos e as esixencias económicas para acceder a un aluguer, tales como fianzas, entradas e avais.
Desde a Asociación Érguete insisten na necesidade de apoiar ás persoas que superaron adiccións para que poidan reconstruír as súas vidas sen a ansiedade de buscar un teito onde refuxiarse, e demandan máis medidas para garantir un acceso igualitario á vivenda para todos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129