MOS
Mos crea a figura do voluntario xestor de colonia felina
Para financiar a formación específica das persoas voluntarias neste programa, entre outros gastos do mesmo, solicitouse unha subvención á ‘Subsecretaría de Derechos Sociales y agenda 2030’
Mos dá un paso máis no seu programa municipal de xestión ética e integral das colonias felinas do municipio, ‘Ghatiñ@s Mos’, que forma parte do Plan CoidaMos da concellería de Medio Ambiente e vólcase na busca de voluntariado que actúe como xestor das 7 colonias mosenses existentes que suman un total de 106 gatos rueiros rexistrados nun censo.
As voluntarias e voluntarios que se animen a colaborar entrarán a formar parte de plans de formación e sensibilización para poder realizar as tarefas propias de xestores de colonias. Tales coma participar nos labores de coidado, desparasitación, alimentación e recollida e transporte para a esterilización, etc.
Establécese para elo formación específica para os mesmos, así como se creará un sistema de identificación das persoas voluntarias mediante un documento identificativo de xestor de colonias. A persoa voluntaria establécese como axente intermediador entre o Concello e os veciños, para resolución de conflitos que puideran xerar as colonias felinas á unidade coordinadora da que forma parte a concelleira responsable do proxecto de xestión de colonias.
Para poder financiar estes programas de formación para o voluntariado que participante no programa ‘Ghatiñ@s Mos’, entre outros gastos deste plan de xestión ética de colonias felinas, desde a concellería mosense de Medio Ambiente que dirixe a edil Laura Méndez vénse de solicitar unha subvención á ‘Subsecretaría de Derechos Sociales y agenda 2030’, dentro da liña de ‘Subvenciones a entidades locales destinadas a mejorar e impulsar el control poblacional de colonias felinas, correspondientes al año 2024’.
De serlle concedida esta axuda estatal, o Concello de Mos cuadruplicaría o orzamento anual destinado ap Plan ‘Ghatiñ@s Mos’ de xestión de colonias de gatos rueiros, pasando dos 2.500 euros actuáis aos 10.000 euros.
O Concello de Mos tamén se adheriu xa hai uns meses neste senso ao CAAN da Deputación de Pontevedra (Centro de Recollida e Protección Animal da Armenteira) polo o que a administración local mosense conta con colaboración provincial para a esterilización de gatos comunitarios; sempre segundo o establecido na Lei de protección dos dereitos e do benestar dos animais. En total Mos esterilizará 78 gatos rueiros a través do CAAN. As primeiras quendas de gatos xa se atopan esterilizadas.
A figura do voluntario coidador de colonia felina
Unha das grandes responsabilidades das persoas voluntarias de ‘Ghatiñ@s Mos’ é a coordinación da recollida dos felinos para o traslado ao tratamento veterinario de esterilización. Para elo os coidadores das colonias deben deixar sen alimentar á colonia o día anterior polo menos cunha antelación de 24 a 36 horas, para axudar na captura dos gatos. Se os gatos non teñen fame é complicado que accedan ao interior das trampas e a súa captura será moi difícil. É unha das actividades previas máis importantes para que a captura teña posibilidades de éxito, polo que debe coordinarse a previsión coas persoas coidadoras ao cargo da colonia na que se vai a actuar.
As persoas voluntarias estarán identificadas cunha serie de documentos e/o formularios. Estes documentos serían:
Protocolos de traballo: establecerase un protocolo para cada actuación relacionada coa xestión: captura e traslado, actuacións veterinarias, retorno, seguimento e control, alimentación e coidados, novas incorporacións, enfermidades infecciosas, partos ou nacementos, cadáveres de gatos integrantes da colonia. Nestes protocolos detallaranse todas as actividades que contempla cada actuación. Antes de iniciar a tarefa, entregarase unha copia do devandito protocolo ao persoal encargado da realización da mesma.
Habilitacións e autorizacións: estableceranse as figuras de responsable de colonia, alimentador-coidador, persoal de capturas, colaborador e voluntario. A todas estas figuras, previo ao comezo da actividade, entregaráselles a oportuna acreditación que lles autoriza a desenvolver esa actividade nunha ou varias colonias. Estas acreditacións autorizaranlles a acceder á colonia, alimentar e limpar a colonia, aparcar o vehículo nas zonas próximas, aínda prohibidas, para cargar ou descargar material, gaiolas, alimento, etc.
Formularios e documentos de control: ao responsable de colonia faráselle entrega dos documentos que lle permitirán levar un control dos gatos que integran a colonia e do seu estado sanitario. Aos alimentadores entregaránselles unhas fichas onde anotarán diariamente a cantidade de alimento administrado á colonia e as incidencias detectadas. Aos veterinarios colaboradores facilitaránselles unhas fichas clínicas do animal, que deberán cumprimentar, nas que farán constar a identificación do gato xunto cos seus datos sanitarios (esterilización, vacinacións, desparasitaciones, outros tratamentos ou actuacións).
Formación: O éxito no establecemento de colonias felinas, depende dunha aceptación por parte da sociedade. Esta aceptación social é importante para que se poidan garantir a convivencia respectuosa e a colaboración cidadá para manter e coidar estas colonias. Para conseguir esta aceptación e colaboración, a sociedade necesita estar informada.
Esta información debe ser precisa e obxectiva, de forma que a sociedade sexa consciente das vantaxes que supón agrupar aos gatos en colonias controladas por medio do método CER/CEVR, fronte a outros métodos de xestión.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22