GALICIA
Clusaga levará os produtos galegos do mar a Francia e EEUU con Competemar
Dinamizado por Clusaga e financiado pola Xunta de Galicia, o Programa Competemar 2024 pretende acelerar a internacionalización das empresas do sector mar-industria
O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) celebrou esta mañá a derradeira sesión do Curso en Comercio Internacional no marco do Programa Competemar 2024. Esta iniciativa autonómica coordinada dende a Área de Mercados, Internacionalización e Competitividade de Clusaga, está financiada pola Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar, e ten como obxectivo acelerar a internacionalización das empresas galegas do sector mar-industria para potenciar a súa competitividade e asegurar o seu crecemento sostible.
O acto institucional de entrega de diplomas do Curso contou coa participación de Alfonso Villares, Conselleiro do Mar da Xunta de Galicia; e Juanjo De la Cerda, CEO de Clusaga. Durante a súa intervención, Juanjo De la Cerda agradeceu o apoio da Administración, así como a colaboración de EOSA para esta iniciativa. Alén, puxo en valor o esforzo das 21 empresas do sector que participaron no Curso en Comercio Internacional de Competemar 2024, “Dende Clusaga agardamos que a formación recibida sexa de proveito para impulsar a implantación internacional e desenvolvemento comercial das empresas participantes”, concluíu.
Pola súa banda, Alfonso Villares agradeceu a Clusaga o pulo a Competemar, e trasladou os seus parabéns ao alumnado pola súa aposta por esta formación, “que aborda unha cuestión tan relevante como a internacionalización”, e que serviu para identificar as súas debilidades e potenciar as súas fortalezas. A este respecto, o Conselleiro puxo o foco no potencial e resiliencia do tecido empresarial das empresas do mar en Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103