Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 08 de Julio de 2024 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Lazoiro celebra o seu décimo aniversario cunha curtametraxe

Foi presentada nunha cea cos socios e colaboradores

A Asociación Lazoiro acaba de publicar unha curta que recolle os dez primeiros anos da asociación, que van dende o 2013 ata o 2023. A presentación fíxose nunha cea onde participaron socios e socias ademais de persoas que participan habitualmente nas actividades.

 

 

Cunha duración de 15 minutos, está composta por unha serie de preguntas aos seus colaboradores separadas en bloques temáticos, onde se repasa toda a historia de Lazoiro, dende os seus inicios ata os proxectos máis importantes como Memoria de Salvaterra, Proxecto Ríos ou incluso como entenden que axudou na participación vecinal en Salvaterra.

 

 

Ademais de para lembrar todo o traballo realizado, ten como finalidade  servir de agradecemento para todos aqueles que apoiaron e colaboraron coa asociación neste tempo. Dende Lazoiro afirman que “o obxectivo da curta é recoller os dez primeiros anos de traballo da asociación dunha forma bastante sintetizada e resumida, e por suposto, darnos impulso para outros dez anos”.

 

A curta pode verse en https://lazoiro.org/, no Facebook de Lazoiro https://www.facebook.com/Lazoiro/ ou en youtube: https://www.youtube.com/watch?v=e-Qh9jfqQFs

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.