VIGO
O centro integrado de FP Manuel Antonio será rehabilitado pola Xunta
Román Rodríguez anuncia a licitación por máis 1,6m€ da primeira fase
O conselleiro de Educación presenta a actuación que se licita esta semana e que se prevé completar a partir de 2025 cunha reordenación e incremento de espazos
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou esta semana o Centro Integrado de FP Manuel Antonio de Vigo co gallo da licitación das obras de rehabilitación, que constitúen a primeira fase da remodelación deste centro. Neste senso, explicou que o investimento desta primeira actuación superará os 1,6M€, co obxectivo de renovar e adaptar as infraestruturas do edificio.
A previsión é adxudicar a obra no mes de outubro, comezala en novembro e rematala para o verán 2025. A partir dese momento, a finais de 2025, a Consellería poderá xa licitar a segunda fase da actuación, para a ampliación e reordenación de espazos do centro.
O titular do departamento educativo da Xunta explicou que o obxectivo desta obra “é dar resposta ás necesidades deste centro de referencia na FP en Galicia, mellorando principalmente as súas cubertas e accesibilidade”. “O CIFP Manuel Antonio conta cunha comunidade educativa conformada por máis de 1.550 alumnos e preto de 150 docentes, e a finalidade última desta actuación é que redunde no confort diario de todos eles”, destacou o conselleiro.
Román Rodríguez enmarcou esta actuación no compromiso da Xunta co impulso á FP na área máis industrial de Galicia. “Non en balde, para o curso que vén a de Vigo é a única área que oferta máis de 10.000 prazas novas en ciclos e másteres de FP”, destacou durante a visita, na que tamén participou a directora xeral de FP, Eugenia Pérez. De feito, o CIFP Manuel Antonio suma á súa oferta tres novos ciclos na modalidade dual intensiva, en concreto o de grao medio en Servizos en restauración, e os de grao superior en Dirección de cociña e en Procesos e calidade na industria, que suman 66 prazas.
Renovación de cubertas e mellora de accesibilidade
Esta primeira fase consistirá na limpeza e reparación dos 5.500 m² de cubertas, ás que se aplicará tamén impermeabilización e illamento, e a substitución dos lucernarios. Deste xeito solucionaranse os actuais problemas de estanqueidade do centro.
Por outra banda, mellorarase a accesibilidade do edificio que alberga a área sanitaria-química mediante a instalación dun ascensor no seu vestíbulo, así como coa habilitación de aseos adaptados. A maiores, acometerase unha redistribución dos laboratorios.
A obra enmárcase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, un programa posto en marcha polo Goberno galego para renovar os colexios, institutos e centros de FP, co fin de adaptalos ás esixencias actuais. O programa ten como obxectivo reformar os 1.600 edificios que forman os máis de 1.000 centros educativos galegos e adaptalos ás necesidades do ensino do século XXI.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188