Sábado, 08 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 06 de Julio de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

Mos inicia a licitación da acometida do proxecto para a posta en valor de Alfacuca

O acondicionamento da histórica aldea na parroquia de Louredo conta con subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e forma parte do programa CoidaMOS da concellería de Medio Ambiente mosense

O Concello de Mos inicia o procedemento de contratación da obra de posta en valor da Aldea Alfacuca en Louredo para a que previamente se realizou a redacción dun proxecto municipal.

 

 

A posta en valor da Aldea Alfacuca en Louredo forma parte do plan municipal CoidaMOS e será levada a cabo grazas ao apoio autonómico da Consellería do Medio Rural, concretamente no marco do Programa de Proxectos Senlleiros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

 

O obxecto deste proxecto é o de acondicionamento dun espazo público como é Alfacuca para uso formativo e de lecer de cara á promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da zona. Para elo asinouse un convenio entre a administración local mosense e AGADER.

 

Os obxectivos desta iniciativa son a preservación dos valores sociais e culturais do medio rural, a potenciación de elementos que recuperen ou manteñan a historia e a memoria da comarca, a mellora da relación social dos veciños, a revalorización de infraestruturas e inmobles desaproveitados, e o fortalecemento do orgullo e satisfacción de pertenza á comunidade rural beneficiaria do proxecto.

 

Para elo realizaranse unha serie de actuacións tales como traballos de limpeza e desbroce do terreo: roza e limpeza superficial do monte baixo incluíndo os arbustos. Nos camiños e cunetas existentes, limpeza do pavimento pétreo mediante a aplicación sobre a superficie de lanza de auga a presión para eliminar os musgos, limpeza de cunetas e desatasco de sumidoiros exteriores. Mellora do acceso ás plataformas do invernadoiro e horta. Pavimento de saburra natural granítica con bordos pétreos para xerar os novos camiños e reparación dos existentes. Mellora de accesibilidade dada a grande pendente da rampla, transformación do primeiro tramo mediante a construción dunha escaleira de madeira de piñeiro. No tramo superior da mesma colocaranse sobre a pedra listóns de madeira. Delimitación da zona da parcela onde se desenvolverán as actividades: utilizaranse postes de madeira de piñeiro tratada para exterior colocados a unha distancia que permitan a seguridade e manteña una estética na parte baixa da parcela. Nas zonas perimetrais coas zonas forestais utilizaranse valados cinexéticos de 2m de altura formadas por malla metálica anudada, soportada por postes de madeira de piñeiro-país tratada para exterior.

 

Tamén se acometerá o acondicionado interior e exterior das edificacións existentes: o grado de acabado e conservación das edificacións actuais é distinto en función da posición das mesmas. As edificacións con acabado exterior de madeira precisan tratamento da madeira, que se atopa en estado de deterioro, sobre todo as fachadas máis expostas ao sur e ao oeste. Substituiranse os elementos danados e farase una consolidación xeral comprendendo: lixado das zonas deterioradas, tapado de fendas, gretas e buratos, aplicación de aceites vexetais, ou ceras naturais. Porase en servizo o edificio dos aseos e farase a instalación completa de abastecemento, saneamento e electricidade do edificio con das duchas e vestiarios.

 

Para todo elo farase un investimento total de 97.841,45 €.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.