Lunes, 15 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 08 de Julio de 2024 Tiempo de lectura:
TUI

Protección Civil de Tui recibe da Xunta unha tenda de campaña para a atención ás emerxencias

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui recibiu a semana pasada  na AGASP, a Academia Galega de Seguridade Pública, unha tenda  de campaña para a atención ás emerxencias, coa que se mellora o equipo de que dispón a agrupación tudense.

 


Ao acto de entrega, no que participou o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, entre outros, acudiron a tenente alcalde, Ana Núñez e membros de Protección Civil de Tui.


A tenda de campaña recibida por Protección Civil de Tui esta mañá conta cun teitos de 4x4 metros, estruturas reforzadas de aluminio e kit de iluminación de baixo consumo, entre outras características.  


O equipamento entregado hoxe a 86 Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de toda Galicia forma parte das axudas en equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos de menos de 50.000 habitantes que conten con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC).   A actuación está cofinanciada pola Unión Europea, a través do programa Feder de Galicia.


 A tenente alcalde de Tui, Ana Núñez, destacou o compromiso do Concello de Tui coa Agrupación de Voluntarios de Protección de Civil, agradecendo o seu labor ao longo dos 365 días tanto en emerxencias coma colaborando en eventos culturais ou deportivos. Sinalou Ana Núñez amais o apoio que se presta dende a institución municipal para a xestión dos recursos para esta agrupación, axudando amais na tramitación deste tipo de subvencións tan importantes para poder incrementar o material de emerxencias do que dispoñen.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.