CULTURA
O Clúster Audiovisual Galego promove a consolidación de Galicia como polo audiovisual
O Clúster Audiovisual Galego promove, co apoio da Deputación da Coruña, a promoción do sector audiovisual galego e a consolidación de Galicia como polo audiovisual de referencia nacional e internacional na XXII edición do congreso internacional Mundos Digitales, que se celebra desde hoxe ata o día 6 na Coruña.
Con esta iniciativa en Mundos Digitales, preténdese contribuír a converter a Galicia nun referente no sector audiovisual, promocionando a súa modernización, creatividade, produción e competitividade nos mercados nacionais e internacionais.
Mundos Digitales busca dar cabida a numerosos ámbitos da creación dixital de animación, efectos visuais ou videoxogos. Na presente edición, o congreso está centrado nas novas aplicacións da Intelixencia Artificial e na chegada das producións virtuais en tempo real para producións, que supón a integración entre personaxes reais e virtuais en rodaxe.
No ámbito da Produción Virtual, supervisores, directores e responsables dos principais estudios nacionais e internacionais, compartirán durante o evento experiencias, proxectos e coñecementos a través de numerosas presentacións, masterclass e encontros sectoriais, nos que se abordarán todos os aspectos tecnolóxicos e de desenvolvemento desta nova forma de rodaxe.
Un campo este no que Galicia contará cunha posición estratéxica a partir de finais deste ano, situándose como referente nacional e internacional na rodaxe e xeración de contidos de realidade virtual para cine, televisión, publicidade e videoxogos, coa posta en funcionamento, segundo está previsto, do maior plató virtual de España, que se está a construír na Cidade das TIC. O proxecto Coruña Estudo Inmersivo (CEI), impulsado pola Deputación, suporá unha inversión de 9 millóns de euros e un empuxe en infraestruturas de vangarda a nivel internacional para o sector.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129