Domingo, 14 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 06 de Julio de 2024 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Salvaterra premia os 17 mellores expedientes do curso 2023-2024

No acto entrégaronse un total de 14 lotes informáticos para os alumnos e alumnas de primaria, secundaria e ciclos e 3 becas de estudos

Un ano máis e co fin último de incentivar o estudo e o esforzo dos estudantes do Concello de Salvaterra de Miño celebrouse a XIX edición dos Premios de Educación do curso 2023-2024 que tivo lugar esta semana no Salón de Plenos do Concello. O acto de entrega onde non faltaron familias, profesorado e representantes dos centros educativos contou tamén coa presenza da alcaldesa de Salvaterra de Miño Marta Valcárcel, a concelleira de Educación Lorena Soto.

 

 

Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra de Miño, destacou durante o acto que “trátase dun proxecto froito da colaboración entre os centros educativos e o Concello para incentivar e premiar o traballo dos estudantes”. Os Premios de Educación son unha iniciativa pioneira que cada ano busca premiar os mellores expedientes de cada etapa: primaria, secundaria, ciclos e bacharelato.

 

En total foron 14 premios os entregados e que consisten en equipos informáticos compostos por unha tablet, unha funda e unha memoria micro SD. Do total 5 foron para o Instituto de Educación Secundaria (4o ESO, FP Básica e Ciclo Formativo de Grao Medio de Caldeirería e Soldadura), outros 5 para o CEIP Infante Felipe e 2 para CEIP de Leirado e tamén 2 para o CEP Carlos Casares. Os premiados foron:

 

COLEXIO CARLOS CASARES ALXÉN

- Alessio Stefano Licata e Áxel Rodríguez Cambra

 

COLEXIO de LEIRADO

- Martín Castro Álvarez e Olga Davila Álvarez

 

COLEXIO INFANTE FELIPE DE BORBÓN

- Laura Flint Rodríguez, Daniella Míguez Rodríguez, Icía Sousa Pino, Adrián Prado Burgo e Mario Guillade Ferreira

Praza da Constitución, no1. Salvaterra de Miño. 36450 PONTEVEDRA
Tlfs: 986 65 81 26 - 986 65 80 82 comunicacion@concellodesalvaterra.org

 

I.E.S SALVATERRA DE MIÑO
4o E.S.O.
- Ivana García Gómez, Marcela Lorenzo Bernárdez e Candela Pazos Gómez CICLO MEDIO DE SOLDADURA E CALDEIRARÍA
- Miguel Farrapeira González
CICLO BÁSICO DE CARPINTARÍA E MOBLE
- Diego Estévez Rivera

 

Ademais os tres mellores expedientes de segundo de Bacharelato que foron para Lucía Ojea Caamaño, Iris Abril Teijeira e Idaira López González; premiaronse con 3 bolsas de estudos que consisten nunha viaxe a Inglaterra para perfeccionar a lingua inglesa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.