SALCEDA DE CASELAS
Santi Davila alerta das irregularidades e ineficiencia do parque móbil municipal de Salceda
O voceiro municipal do PP advirte de que hai dous vehículos municipais parados no taller por senllas avarías e que incluso un deles leva dous meses, xa que os profesionais relantizan a reparación ata que o Concello non lle abone facturas pendentes de cobro doutros arranxos
O voceiro municipal do PP de Salceda de Caselas, Santi Davila, vén de alertar de constantes "irregularidades" dun "servizo ineficiente" do parque móbil municipal pola súa antigüidade e critica que esta situación, derivada da mala situación económica do Concello, pola xestión do goberno local en mercar vehículos de segunda man, estea a mermar a calidade das áreas de limpeza e recollida de lixo e vías e obras.
O concelleiro popular indicou que, na actualidade, o Concello ten dous vehículos nos talleres con senllas avarías e outro que non pasou a ITV, o que está a motivar que as brigadas de peóns teñan que utilizar un turismo utilitario que non está habilitado para estas tarefas.
Estes problemas son recurrentes e, entre os mesmos, lamenta que unha camioneta que ten semirremolque leve case dous meses nun taller sen poder ser utilizado polos servizos municipais, posto que os profesionais do mesmo relantizan o arranxalo ata que o Concello non lle abone facturas pendentes doutros arranxos.
Sen embargo, a mala situación do parque móbil de Salceda vese agravada pola nova avaría do camión grande da recollida de lixo, que tamén se atopa nun taller pendente de reparación e que habitualmente sofre desperfectos pola súa antigüidade e estado. Por este motivo, o voceiro do PP reclámalle ao goberno local que elabore un calendario para o reemprazo destes vehículos por outros máis sostibles, eficientes, modernos para prestar un servizo de calidade os salcedenses. “Cremos que, co recurrente custo das reparacións, prácticamente daría para afrontar unha letra mensual e pagar un camión novo que nos evite todos estes problemas, pero iso implicaría unha xestión da que carece o goberno de MS ou ben é que non hai diñeiro nin para iso e por elo hai tantas facturas pendentes cos talleres”, sinalou, pero tamén propón, por si non o sabe o goberno que pode “utilizar os recursos do Plan +Provincia da Deputación para a compra de dito camión”.
Finalmente, Santi Davila tamén revelou que unha pequena furgoneta do servizo de Vías e Obras, empregada pola empresa externa contratada para este servizo, se atopa paralizada por non superar a inspección técnica, polo que están utilizando un Citröen C2, “que loxicamente non está preparado para cargar ferramentas e materiais de construcción, polo que non se está cumprindo a normativa de seguridade, enre outras”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129