Miércoles, 05 de Noviembre de 2025

Días de este evento:
Del Viernes, 12 de Julio de 2024 al Domingo, 14 de Julio de 2024

AXENDA

Feira do Viño do Rosal 2024

Trátase da Feira do Viño con máis horas de lecer e actividade enolóxica da historia. A inauguración, tal e como avanzaron na presentación do evento, será o vindeiro venres 12 de xullo ás 13:00h, na Praza do Calvario.

A veciñanza e os visitantes poderán gozar de todo tipo de actividades innovadoras e moi diversas para desfrutar en familia. Avanzaba a alcaldesa que haberá un scape room centrado no sector vitivinícola, unha actividade para nenos e nenas a cargo de Xosé Tomás froito da nova obra editada polo Concello titulada “Entre Viños e Viñas”, un espectáculo de maxia e globoflexia e, entre outras actividades. Tamén haberá un obradoiro de cociña para a cativada. Ademais, contarase con concertos musicais de diversos estilos a cargo de Brass Band, Helen & Shana e outros conxuntos pop e tradicionais, que farán do evento tamén un punto de encontro musical para tódalas idades. Darase continuación tamén a diferentes exposicións de filatelia, pintura ou fotografía. Nesta XXXII edición aumenta a programación enolóxica contando coa celebración de dúas catas. Tamén haberá tempo para desfrutar do deporte e o patrimonio do Rosal cunha visita guiada polos Muíños do Folón e do Picón. Para algunhas das actividades será precisa a inscrición previa, que se poderá realizar a través do seguinte enlace https://drive.google.com/file/d/1DsxQqj11ItzG11RkOREJsIQWNhej5j-f/view , do QR que hai máis abaixo ou chamando ao Concello ou dirixíndose á área OMIX directamente.


Ademais, contarase con servizo de autobús circular que conectará os barrios do Rosal e tamén a Comarca para non ter que coller o vehículo.


Poderase consultar toda a información da actividade na páxina web do Concello e especificamente nas redes sociais da Feira do Viño, a través da páxina @feiradovino.


A Feira iniciará co acto institucional do día 12 cun pregón a cargo de Fernando Gurucharri, antigo Presidente da Unión Española de Catadores e organizador, entre outros, do Concurso Nacional de Viños Novos (Premios Bacos). Gurucharri  tamén dirixirá a Cata Comentada que terá lugar o mesmo día e que estará aberta a todo o público As inscricións deben ser realizadas a través do formulario dispoñible nas redes sociais da feira e na páxina web do Concello. Esta actividade ofrecerá aos asistentes unha oportunidade e experiencia única para explorar e apreciar os viños das adegas que conforman a Confraría.


A XXXII Feira do Viño do Rosal, recoñecida como Festa de Interese Turístico, terá como protagonista un ano máis ao viño producido na Denominación de Orixe Rias Baixas, Subzona O Rosal . As nove adegas que conforman a Confraría (Adegas ValMiñor, Adegas Novás, Altos de Torona, Lagar de Pedregales, Lagar de Cervera, O Aforado, Quinta de Couselo, Santiago Ruiz e Terras Gauda) contarán coas tradicionais casetas instaladas na renovada Praza do Calvario, onde tamén se desfrutará da maridaxe do viño cunha gastronomía que verá incrementada a súa variedade e oferta.


“Celebramos a importancia dun sector e dun produto que é parte da nosa identidade, cultura, orixe, tradición, historia, presente, futuro e orgullo rosaleiro. O traballo de moitas persoas, veciños e veciñas, cunha gran calidade humana, profesional, delicadeza e cariño na elaboración destes caldos é un dos piares fundamentais que está detrás da recoñecida calidade do viño do Rosal. O viño é un patrimonios cultural e social de todos os Rosaleiros e Rosaleiras e a Feira do Viño o escenario onde compartimos, damos a coñecer, recoñecemos, valoramos e gozamos da súa maridaxe coa música, o lecer, as amizades, a familia e os visitantes con todo tipo de actividades innovadoras”, relata a alcaldesa.


O presidente da Confraría dos Cabaqueiros presentou ao pregoeiro e tamén director da cata do venres 12 de xullo, Fernando Gurucharri, quen conta con grande experiencia e formación nestes caldos. Antigo presidente da Unión Española de Catadores e presidente do prestixioso Concurso Internacional de Viños Bacchus, entre outros. Ademais, fixo fincapé e agradeceu a tódalas entidades, tanto públicas como privadas, que apoian ao sector e de xeito específico, á Feira do Viño do Rosal. Finalizou resaltando a importancia do evento e singularidade, así como a alta calidade dos viños do Rosal.


O Concello e a Confraría dos Cabaqueiros do Rosal convidan a toda a veciñanza e visitantes a gozar da mellor Feira do Viño con toda a familia e amizades brindando co mellor viño, o do Rosal.


Programa completo da XXXII Feira do Viño do Rosal


Venres, 12 de Xullo
11:30h - Cata comentada de viños de Rosal a cargo de Fernando Gurucharri (Inscrición previa)
13:00h - Inauguración Pregón da Feira a cargo de Fernando Gurucharri (Presidente Unión Española de Catadores) e apertura das casetas
19:30h - Presentación institucional do Scape Room do sector do viño e inicio da actividade (Inscrición previa)
23:00h - Concerto La Patrulla
02:00h - Peche da Feira

 

Sábado, 13 de Xullo
11:30h - Apertura das casetas
11:30h - Cata de viños a cargo de Marina Cruces (Inscrición previa)
13:00h - Concerto Brass Atlantic
19:00h - Actividade didáctica para nenos/as a cargo de Hosé Tomás a través do libriño "Entre viños e viñas do Rosal" (Inscrición previa)
20:30h - Pasarrúas Brass Atlantic
23:00h - Concerto Os Revenidos
02:00h - Peche da Feira

 

Domingo, 14 de Xullo
10:00h - Ruta guiada polos Muíños do Folón e de Picón (Inscrición previa)
11:30h - Apertura das casetas
12:00h - Obradoiro de cociña infantil a cargo de Isaac Míguez (Inscrición previa)
12:30h - Pasarrúas Grupo de Gaitas Airiños do Folón
13:30h - Concerto El Síndrome de Penny Lake
18:30h - Espectáculo de maxia e globoflexia lan e Elísa
20:00h - Concerto de Helen & Shana
00:00h - Peche da Feira

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.