Jueves, 11 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 09 de Julio de 2024 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

A Piscina Municipal de Salvaterra rexistra máis de mil visitas

As piscinas municipais de Salvaterra de Miño abriron as súas portas ao público o pasado 21 de xuño e dende entón xa contaron coa visita de máis de mil persoas. Coa chegada do verán e o bo tempo, o Concello decidiu ofrecer opcións de ocio para pequenos e maiores, ampliando o período de apertura das instalacións.

 

 

Este ano, as piscinas municipais permanecerán abertas un mes máis, ata o vindeiro 15 de setembro, permitindo que todos poidan desfrutar das tardes de verán. O horario das piscinas é de martes a venres de 15:00 a 21:00 horas, e os fins de semana, sábados e domingos, dende as 14:30 ata as 21:00 horas. Os luns, as instalacións permanecerán pechadas para o mantemento.

 

Ademais, o pasado 2 de xullo deron comezo as clases de natación en horario de mañá, que se prolongarán ata finais de xullo. En agosto, iniciarase un novo grupo de clases, garantindo así a continuidade desta actividade tan demandada.

 

No entorno das piscinas tamén se ofrece un servizo de aluguer de bicicletas, dispoñible de venres a domingo e festivos en horario de 09:00 a 13:00 e de 19:00 a 22:00 horas na entrada do Parque da Canuda durante a época estival. Este servizo complementa a oferta de ocio, promovendo actividades ao aire libre para toda a familia.

 

A resposta positiva da comunidade local e o incremento das visitas reflicten o éxito das iniciativas implementadas polo Concello, que continúa traballando para ofrecer servizos e actividades que melloren a calidade de vida dos seus veciños e veciñas.

 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.